23/04/2014

bolseirxs OMA-UDC

Proxecto Ríos. Inspección de primavera do río Lagar


Data: 29 de abril  ás 16.30h

Punto de encontro: porta da Fac. de Economía e Empresa




O 29 de abril levarase a cabo a inspección de primavera do Proxecto Ríos no Lagar, río que discorre polo campus. O treito inspeccionado será o situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigacións e a Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña.
En cada curso realizamos dúas inspeccións para coñecer a calidade do noso río, xa fixemos a de outono e agora realizaremos a de primavera. Nesta actividade contaremos con Paco Bañobre, educador do Proxecto Ríos-ADEGA, que nos explicará a metodoloxía a seguir.
Achégate e colabora con nós na conservación do ecosistema fluvial do campus. Tamén podes achegarte para coñecer este proxecto de voluntariado e formar un grupo de inspección na túa zona ou no río que escollas.
O Proxecto Ríos é unha iniciativa en defensa dos ríos de Galiza, que permite coñecer e mellorar o estado dos distintos ríos co obxecto de responsabilizarse destes, tanto a nivel local coma municipal.
Desde a Oficina de Medio Ambiente da UDC convidámosvos a participar nesta actividade o próximo 29 de abril no río Lagar.


Máis información:

Twitter: @OMA_UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib