28/02/2014

bolseirxs OMA-UDC

Crónica das xornadas sobre "da reciclaxe a residuo cero e xestión de residuos na UDC" 

   Nestas dúas ultimas semanas dende a Oficina de Medio Ambiente traballouse a temática dos residuos, como acadar o obxectivo de residuo cero, como xestionamos os residuos na universidade, e coñecimos o funcionamento das áreas de compostaxe.

   O día 19 de febreiro ás 16.30 tivo lugar a proxección do documental “Trashed” no salón de actos da facultade de ciencias. Este documental protagonizado polo recoñecido actor Jeremy Irons e dirixido por Candida Brandy é un documental ambiental que trata o tema do aumento do volume e toxicidade dos residuos a nivel global nos últimos anos e das medidas inadecuadas utilizadas para tratalos: os vertedoiros e as incineradoras.





   A visualización do documental foi seguida dun pequeno coloquio sobre como nos afectan estes problemas e as medidas posibles para poder combatelos. As medidas máis aceptadas foron claras: mediante a reciclaxe. A actividade rematou coa visita a nova área de compostaxe da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica que forma parte do plan de residuos da Universidade como unha medida para reducir o volume de residuos reciclándoos e pechando o ciclo da materia dentro da propia Universidade. Ademais como remate da actividade instalamos un novo compostador estático nesta área.



   O día 26 de febreiro á mesma hora continuamos traballando a problemática dos residuos, para esta actividade contamos co experto en xestión de residuos, Ramón Plana, quen ten participado na elaboración do plan de xestión de residuos da UDC, e que nos presentou nesta xornada. Para elaborar o plan de xestión fixéronse caracterizacións dos diferentes contedores do campus. Algunhas das conclusións son a inmensa cantidade de papel que aparece no contedor da fracción resto e de envases, e en xeral a mala separación en orixe. Por esta razón desde a oficina de medio ambiente estamos a facer campañas de información, e en especial, en canto a fracción papel fomentar o uso de papel reciclado e unha vez utilizado que sexa depositado no contedor adecuado para facilitar a súa reciclaxe.





   Na conferencia tratouse a necesidade dunha completa separación dos materiais en orixe para poder realizar a súa completa reciclaxe, en especial dos residuos orgánicos que son moi sinxelos de reciclar mediante a compostaxe. Para rematar organizamos unha nova visita ás áreas de compostaxe da Escola Técnica Superior de Arquitectura e da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, en que se explicou o procedemento realizado para obter dos residuos da cafetería e dos restos das podas o compost utilizado nas hortas da Universidade. A actividade pechouse coa entrega dunhas bolsiñas cunha mostra de compost feito na UDC como agasallo ás persoas participantes. Nesta ultima actividade contamos coa asistencia do alumnado de primeiro de educación social (Ciencias da Educación) moi interesado por coñecer as campañas que se están a desenvolver desde a Oficina de Medio Ambiente.





Máis información: 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib