06/02/2014

bolseirxs OMA-UDC

Identificación e cultivo de plantas aromáticas


Data e lugar: 12 de Febreiro ás 16:00 h, na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT , Aparelladores) na Aula Especial 1





             O próximo día 12 de febreiro a Oficina de Medio Ambiente da UDC  e a Asociación ecoloxista ADEGA organizan unha xornada de Identificación e Cultivo de Plantas Aromáticas, esta actividade é a sexta enmarcada no Ciclo de Voluntariado Ambiental.
O obxectivo desta actividade é o coñecemento das plantas aromáticas, o seu cultivo e coidados.
Esta xornada comezará cunha charla impartida por Carolina Porto, enxeñeira agrícola licenciada pola USC e colaboradora de ADEGA, ás 16:00h na Facultade de Aparelladores (EUAT) (Aula Especial 1). Tras esta charla pasarase á parte práctica que consistirá na plantación dunha mesa de cultivo con diversas especies de plantas aromáticas que será instalada na área de compostaxe comunitaria da escola de aparelladores. A duración da xornada será de aproximadamente dúas horas.

Animádevos a participar!
Inscricións no correo oma3@udc.es.


Máis información:

Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib