15/01/2014

bolseirxs OMA-UDC

Reforestación Participativa do Monte da Fraga

POSPOSTA DEBIDO AS CONDICIÓNS ATMOSFÉRICAS PREVISTAS PARA DITA SEMANA!! Manterémosvos informados, disculpade as molestias.


Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza unha actividade de reforestación participativa no Monte da Fraga.


Continuando coas actividades de recuperación do Monte da Fraga, a Oficina de Medio Ambiente propón a realización dunha primeira acción para a reforestación do Monte da Fraga. Encol a esta actividade, realizouse previamente unha visita guiada e unha conferencia sobre este tema. Nos seguintes meses programarase outra acción que continúe as labores iniciadas na actividade.

Programa da xornada:

A actividade se desenvolverá de 12:00h a 17:00h. O lugar de encontro será a entrada principal da Facultade de Ciencias. As labores a realizar serán:

Plantación das árbores: serán unha ducia de árbores que distribuiremos na contorna da zona onde se construíu a charca o curso pasado.
Acondicionamento da charca. Desenvolveranse traballos de reconstrución das marxes da charca e dos elementos que estean deteriorados. Procederase tamén a plantar especies de vexetación emerxente (xuncos e lirios) para favorecer a súa colonización. Disponse destas especies no humidal de depuración de augas residuais que hai no campus da UDC.
Colocación de caixas niño.

Lugar de realización:

Monte da Fraga.

Será preciso levar un bocadillo para o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo axeitada ao tempo. A organización achegará a ferramenta necesaria para o desenvolvemento da actividade.





Iremos ampliándovos a información! Un saúdo a tod@s.

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib