Crónica. Identificación e cultivo de plantas aromáticas
O pasado día 12
de Febreiro ás 16:00h realizouse a actividade de “Identificación e cultivo de
plantas aromáticas" na aula E1 da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.
Dita actividade consistiu nunha primeira charla da man de Carolina Porto,
licenciada en Enxeñería Agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela e
colaboradora de ADEGA.
A charla comezou
cunha breve introdución histórica das plantas aromáticas e medicinais facendo
un repaso do seu uso ó longo dos séculos e a súa evolución e transformación en
produtos químicos tocando o tema da polimedicación á que estamos sometidos a
día de hoxe. Tras este contexto histórico fíxose una recompilación das plantas
aromáticas de maior uso facendo referencia ó tipo de solo que necesita cada
unha así como ás súas necesidades solares e climas preferidos.
Continuamos a
falar dos múltiples usos destas plantas dende a farmacoloxía ata a decoración
pasando pola perfumaría e alimentación entre outros. Un dos cales, o referente
ó uso agrícola, se ampliou considerablemente facendo referencia á súa
aplicación como preparados para control de pragas, plantas insectarias, plantas
protectoras, etc.
A charla rematou
coa presentación do documental “La comida que pisamos” na que Josep Pàmies
explica as características e propiedades das consideradas “malas herbas”.
A xornada
expositiva rematou cunha serie de preguntas moi interesantes á nosa poñente
permitindo a interacción de todos os asistentes.
Tras esta xornada
expositiva realizamos a identificación e plantación de plantas. En grupos de 5
tratamos de asociar nome con planta e realizamos posteriormente a plantación
das mesmas na mesa de cultivo. Utilizouse para dita plantación o compost xerado
nos composteiros da Zapateira, pechando, unha vez mais, o ciclo dentro do marco
da universidade.
A mesa de cultivo
situouse finalmente na nova área de compostaxe da facultade de Aparelladores,
completando á mesma e realizando unha breve presentación da mesma.
Todas as fotos da actividade en:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.614768765261962.1073741833.118001034938740&type=1
0 comentarios:
Publicar un comentario