19/12/2013

bolseirxs OMA-UDC

Crónica da IV Feira da Sustentabilidade da UDC






A IV Feira da Sustentabilidade, organizada pola OMA en colaboración con ADEGA, desenvolveuse o pasado 12 de Decembro no vestíbulo da Facultade de Economía e Empresa no campus de Elviña. Ás 11.15 fíxose a inauguración oficial cunha breve presentación por parte do coordinador das actividades da OMA, Paco Bañobre.


Á feira asistiron 10 artesáns e 5 asociacións ecoloxistas e de voluntariado social que acompañaron a xornada da mellor forma posible, pregoando que o comercio xusto, sustentable e ecolóxico é unha realidade á que debemos achegarnos.

No posto da Oficina de Medio Ambiente realizábase a recollida de alimentos e xoguetes para a Cociña Económica de A Coruña. O mercadiño de troco, ao carón do posto da OMA, permitía intercambiar, na súa maioría, roupa que xa non usases como alternativa a tirala ao lixo.

A asociación Movilízate, en colaboración co Instituto Jane Goodall, realizaba a recollida de móbiles para protexer os ecosistemas africanos.

A primeira actividade realizada foi a colocación de caixas niño feitas no obradoiro do pasado día 26 de Novembro, coa gran colaboración de ADEGA. A actividade consistiu en localizar árbores facilmente gabeábeis no campus de Elviña para poder dispoñer a caixa nas polas mais altas.

Nos talleres de decoración do Nadal houbo unha participación satisfactoria tanto por parte do alumnado como polos curiosos asistentes á feira. Fixemos divertidas e sinxelas rosas con lazo e bolas decorativas con laranxas que á vez facían de ambientadores.

Pola tarde, o obradoiro de Precicla sobre “Reciclaxe Téxtil” ensinounos como poder reciclar ou reutilizar (preciclar) roupa que xa non usamos, xa que a cantidade de roupa que chega ó vertedoiro está a ser un problema ambiental. Como solución reciclamos esta dándolle un novo uso, cambiándolle a forma, ou formando longas tiras coas que poder tecer novas prendas ou accesorios.

O último taller da xornada veu impartido da man de Isabel García que nos ensinou a técnica do Origami dándolle un novo uso aos folletos publicitarios e adestrando os dedos, a paciencia e a persistencia.

A xornada clausurouse ás 19.00h coa satisfacción dos asistentes, artesáns e asociacións. Dende a Oficina de Medio Ambiente queremos agradecer a tod@s a vosa participación!










Se queres ver as fotos visita a nosa páxina de FB: “Oficina de Medio Ambiente UDC”





Máis información sobre os participantes en:

· Precicla!


· RetoqueRetro (Restauración&Reciclaxe)


· Cucamonnas (Artesanía, complementos feitos a man)


· Confioeteas
Tlf: 66866552


·La Dulce Meri
Tlf: 616146605


· Oficina Colaboración e Voluntariado UDC


· Enxeñeiros Sen Fronteiras


· Equisol (Comercio Xusto)

· Grupo Naturalista Hábitat


· Helena Karenina Ilustración


Sobre nós:

Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib