O pasado mércores 10 de abril tivo lugar na
E.T.S. de Arquitectura a primeira das actividades contidas dentro da III
Edición da Primavera Ambiental, un ciclo de conferencias e obradoiros
organizados pola Oficina de Medio Ambiente en colaboración con ADEGA.
A actividade que leva por título “A horta na
cidade” consistiu nunha conferencia a cargo de Isabel Barrio Botana, da
Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU), seguida dunha visita ó
proxecto de compostaxe comunitaria da UDC, e por último a preparación dunha
mesa de cultivo.

Tamén nos deu unhas nocións básicas de técnicas
de cultivo nun contorno urbano facendo incidencia en aspectos como a falta de
espazo, o cultivo ecolóxico, o tipo de substrato a utilizar, o uso dos
composteiros caseiros, os emprego de cultivos en sucesión, a asociación de
plantas, e en como previr pragas e enfermidades. Por último, falounos dos
valores da horticultura urbana entre os que podemos destacar a alimentación ecolóxica,
a produción para o autoconsumo, o modelo de vida sostible, e a seguridade
alimentar.
A actividade continuou cunha visita aos
composteiros situados no exterior da Escola de Arquitectura, onde Manuel Soto,
director da OMA, explicou aos e ás asistentes o funcionamento do proxecto de
compostaxe na Universidade.

horta. Ao finalizar a actividade repartíronse
bolsas de compost e manuais de compostaxe caseira entre as persoas asistentes, coa
intención de divulgar a compostaxe e animalos a practicalo nas casas.
Para rematar, entre todos coas indicacións de
Isabel Barrio (AGHU) levamos a cabo a posta a punto dunha mesa de
cultivo. Para iso engadimos fibra de coco mollada no fondo e mesturámola cun
compost maduro. Despois cubrimos a mestura co compost producido nos
composteiros da UDC, ate reencher por completo a mesa. Unha vez preparada
a superficie de cultivo, preséntase as plantas enriba para organizalas en
función da compatibilidade das especies e dos ciclos de crecemento e procedemos
a plantalas. Plantáronse leitugas, tomates, pementos, allos, calabaciño,
brecol, cebolas e plantas aromáticas (lavanda, tomiño, alfabaca, perexil). Unha
vez plantadas hai que regalas para o que é convinte non facelo sobre a planta
senón ó redor da mesma.
A actividade foi seguida por un amplo número de
participantes, que quedaron moi satisfeitos coas explicacións obtidas e tiveron
oportunidade de resolver tódalas súas dúbidas en canto ás hortas urbanas e a compostaxe
caseira.
Por diante queda o seguimento da nosa plantación
e a posterior colleita das hortalizas, así que manterémosvos informados!
Podedes ver máis fotos nos seguintes enlaces:
Outras ligazóns: A Asociación Galega de
Horticultura Urbana: http://hortaurbana.blogspot.com.es/
Compostaxe na UDC: http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/compostaxe/
Manual de Compostaxe caseira: http://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/sociedade/medio_ambiente/compostaxe/manual_compostaxe_caseira.pdf
0 comentarios:
Publicar un comentario