06/02/2013

ANTES DE RECICLAR… REUTILIZA!!

bolseirxs OMA-UDC
A Oficina de Medio Ambiente da UDC dá continuidade a iniciativa Re-utiliza cunha nova imaxe. A finalidade que persegue a OMA é mellorar o aproveitamento e a rendibilidade do papel. Re-utiliza está enfocado ao compromiso cun dos tres R ambientais: reduce, reutiliza, recicla.
Reutilizar o papel antes de reciclalo, de modo que se o papel ten dúas caras, emprega  as dúas. Así tamén consegues reducir o seu consumo.

RE-UTILIZA: DÚAS CARAS, DOUS USOS.

Antes de reciclar, reutiliza!! Por este motivo instalamos caixas para botar o papel usado soamente por unha cara. Se precisas desfacerte del e só está usado por unha cara, deposítao nestas caixas, e se precisas papel para apuntes ou imprimir podes collelo das caixas.
As caixas estarán situadas a partir desta semana nas aulas net e bibliotecas de cada unha das facultades, xa que son os puntos onde se utiliza máis papel.

Coa vosa axuda poderemos ser máis eficientes no uso do papel. Ao longo do curso elaboraremos cadernos co material depositado nas caixas, tamén recollemos papel dos traballos dos estudantes almacenado nos departamentos. Convertemos este papel en cadernos para anotacións e apuntamentos e, alongando a súa vida útil, coidamos o medio.

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib