05/02/2013

CRÓNICA DO OBRADOIRO DE CAIXAS NIÑO NA UDC

bolseirxs OMA-UDC
O pasado mércores 30 de xaneiro tivo lugar na Escola Técnica Superior de Arquitectura o obradoiro de caixas niño, organizado pola Oficina de Medio Ambiente (OMA), coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA.

O obradoiro comezou ás 11 da maña cunha charla a cargo de Ramsés Pérez, integrante de ADEGA, onde nos contou que as caixas niño tratan de servir de refuxio a aves e a outros animais, nunha situación en que se está observando como desaparecen os acubillos que lles proporcionaba a natureza. A destrución dos bosques autóctonos, a introdución de monocultivos de eucaliptos e piñeiros e a retirada das árbores vellas, xunto coa urbanización intensiva, son algunhas das causas desta situación. Tamén nos explicou como construír unha caixa niño, e os lugares onde debemos colocalas en función do tipo de animais que queiramos beneficiar.
 
A continuación, pasamos ao obradoiro de maquetas da Escola, onde en grupos de 2 ou 3 persoas tivemos a oportunidade de construír as nosas propias caixas niño. Estas caixas están pensadas para acoller os paxaros que habitan o campus da Zapateira e Elviña. Algo no que nos insistiu moito Ramsés e que as caixas niño deberían ser construídas con madeira maciza, pois é a máis axeitada para os animais.
 
 
O resultado final foron 9 caixas niño. Como podedes ver, as caixas niño que nós construímos están formadas por unha base, unha tapa traseira, dous laterais, unha tapa frontal na que se sitúa o burato polo que van entrar os paxaros, e un tellado que sobresae un pouco para diante para tratar de evitar que lle entre a auga ao paxaro na súa casa.
 
Estas caixas está actualmente penduradas das árbores do campus da Zapateira esperando os seus primeiros visitantes.

Pero o traballo non remata aquí, entre setembro e outubro (cando remate a época de cría e antes de que chegue de novo o inverno) estas caixas deberán ser limpadas para deixalas listas para os novos visitantes, pois non teñen por qué ser ocupadas pola mesma especie de aves que o fixera antes. Desta forma eliminaranse os posibles parasitos que puidera haber na caixa, evitando o seu contaxio aos novos paxaros que  a ocupen.
Por último, desde a organización agradecemos aos participantes o seu entusiasmo, e a todos e todas o voso interese neste obradoiro.
Para ver todalas fotos do obradoiro visitade:

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib