13/02/2013

Un pouco da túa axuda é moito. Campaña de recollida de alimentos.

bolseirxs OMA-UDC
 A crise económica está afectando cada vez a máis poboación. Cada vez son máis as persoas que non poden chegar a fin de mes e os que non teñen cubertas as súas necesidades básicas como o aloxamento, a alimentación diaria ou a roupa. Segundo os datos da F.A.O, na provincia da Coruña existen unhas 30.000 persoas en situación de grave dificultade para alimentarse cada día. Para contribuír ao decrecemento desta situación, a Oficina de Cooperación e Voluntariado e a Oficina de Medio Ambiente da UDC, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, levarán a cabo unha campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas máis desfavorecidas da provincia da Coruña.


Dende o día 18 ate o día 22 de febreiro, nas cafeterías de todas as facultades dos campus de Elviña e Zapateira , porase a disposición de toda a comunidade universitaria un espazo adicado á recollida de alimentos non perecedeiros (leite, galletas, café, cacao, pastas, azúcar, conservas, aceite, sal, legumes e cereais). Os bolseiros da Oficina de Medio Ambiente e da Oficina de Cooperación e Voluntariado serán as persoas encargadas de facer o mantemento destes espazos.

Esta iniciativa pretende fomentar a sensibilización da comunidade universitaria nestes momentos de maior dificultade, non só buscando a solidariedade entre o estudantado, senón tamén facéndolles botar unha ollada crítica sobre a situación actual da nosa sociedade, onde cada vez existen máis persoas ao noso redor que teñen serias dificultades para sobrelevar o día a día.

O día 25 de febreiro, toda a comida recollida será trasladada ao Banco de Alimentos “Rías Altas” (BALRIAL). Este banco é o único pertencente á FESBAL na provincia da Coruña e ten dúas sedes de reparto: unha na Coruña capital e outra en Santiago de Compostela. En 1996, os Bancos de Alimentos de España constituíron a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), que coordina as súa actividades coa máxima seriedade e facilita as relacións cos organismos da Administración Central, Internacional e coas industrias, para chegar a acordos de cooperación.

Máis información e contacto:

·         Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña (OCV-UDC). Teléfono: 981 167 000 (ext. 1752), ocv@udc.es, www.udc.es/ocv

·         Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC). Teléfono: (981) 167 000 (ext. 5688) oma@udc.es, www.udc.es/medioambiente

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib