18/11/2012

bolseirxs OMA-UDC
Crónica do Roteiro en bici e o Obradoiro de mantemento, ergonomía e reparacións básicas da bicicleta

          O pasado xoves 15 de Novembro tiveron lugar estas dúas actividades organizadas pola OMA en colaboración coa Asociación Mobi-liza, unha organización creada co propósito de defender os intereses dos peóns, as persoas ciclousuarias e as que usan o transporte público.

Ás 16 horas reunímonos na Praza de Pontevedra para facer en bicicleta o roteiro até o Campus de Elviña na Universidade da Coruña. Fran García, da Asociación Mobi-liza foi o encargado de presentarnos esta actividade na que participaron 10 persoas. Contounos algunhas das cuestións básicas á hora de circular pola cidade coas nosas bicis (o lugar máis apropiado para circular, a circulación en paralelo…), así como qué tipo de bici é a máis axeitada nestes casos. Respondeu ás nosas dúbidas acerca da lexislación vixente, cuestións como a obrigatoriedade do uso do casco ou de elementos refrectantes. Posteriormente explicounos en qué ía consistir o roteiro que iamos seguir:

 
 
Saída da Praza de Pontevedra – Praza de Lugo – Rúa de Juan Flórez – Catro Camiños – Salvador de Madariaga – Pajaritas – Rúa de Pablo Picasso – Someso – Chegada ó Edificio Xoana Capdevielle (UDC)

Aproximadamente 45 minutos despois chegamos ó Edificio Xoana Capdevielle en donde se impartía o obradoiro de mantemento, ergonomía e reparacións básicas da bicicleta con grande participación por parte tanto de estudantes como de persoas alleas á Universidade. Moncho Vázquez, da asociación Mobi-liza, dividiu o obradoiro en tres partes:
-       Ergonomía: en donde nos ensinou como axustar a altura da sela, a posición do guiador e dos freos, para así poder ter a posición correcta na bicicleta e non sufrir lesións.
-       Mantemento: ensinounos cómo limpar a cadea e engrasala axeitadamente, cómo lavar a nosa bici para non estragala, e cuestións como que un axeitado almacenamento da nosa bici mentras non a usemos é fundamental para a súa conservación.
-       Reparacións básicas: neste grupo incluíase como reparar un pinchazo e os fallos máis comúns dos freos e do cambio e cómo arranxalos.
 
Ó obradoiro asistiron 25 persoas, que quedaron moi contentas cos contidos do mesmo e coas explicacións recibidas.
 
            Na seguinte ligazon poderedes ver todalas fotos realizadas durante o evento;

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib