19/11/2012

Aprende a reutilizar o papel. Proxecto Re-utiliza

bolseirxs OMA-UDC
           O próximo mércores 21 de Novembro ás 17:00 a Oficina de Medio Ambiente (OMA), coa colaboración da equipa de educación ambiental de ADEGA como asesoría técnica, organiza un Obradoiro de fabricación de libretas a partir de papel xa usado. A actividade realizarase no edificio Xoana Capdeville e ten como obxectivo a reutilización do papel e polo tanto o seu mellor aproveitamento.
 
 
          É unha actividade que se enmarca dentro da "Semana Europea de Prevención de Residuos". Evento clave que determina que a prevención é prioritaria na xestión de residuos a hora de reducir a súa xeración e para evidenciar o seu impacto no medio ambiente e na loita polo cambio climático.
 
 
 
          Os temas que se tratan nesta semana son: sensibilizar sobre o exceso de residuos; mellor producción; mellor consumición; prolongar a vida dos productos; e tirar menos residuos.
 
Aproveitaremos tamén para recordarvos o funcionamento proxecto Re-utilizando.
 
          O obxectivo desta iniciativa xa se podía intuir a partires do seu eslogan “se ten 2 caras, dálle 2 usos”: se unha folla de papel ten dúas caras, utilicemos ambas.
A campaña consiste na instalación de caixas de cartón identificadas co lotipo e máis co eslogan, que adxuntamos en puntos estratéxicos como son a aula net, a biblioteca, a planta de acceso de diferentes facultades, enfocadas a reutilización do papel.
 
 
Para máis información visitade a nosa páxina de facebook; Oficina de Medioambiente UDC, e seguídenos no twiter; OMA_UDC.
 
Acude ó Obradoiro no Xoana Capdeville e fabrica a túa propia libreta re-utilizando!


 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib