23/11/2012

Crónica do obradoiro de libretas

bolseirxs OMA-UDC
O pasado mércores 21 tivo lugar no edificio Xoana Capdevielle un obradoiro de libretas re-utilizando organizado pola OMA coa colaboración de ADEGA. O obxectivo desta actividade é facer libretas a partir de papel utilizado soamente por unha cara, que recollemos nos departamentos da Facultade de Ciencias. Trátase principalmente de traballos do alumnado dos que aproveitamos absolutamente todo, dende o papel até as tapas de plástico e as espirais para encadernar.


Este obradoiro está incluído dentro da Campaña re-utilizando da OMA co lema “Se ten 2 caras, dálle 2 usos”, pola que pretendemos, mediante unhas caixas instaladas en todas as facultades e escolas do campus, que a xente deixe o papel usado só por unha cara, antes de botalo ao lixo, ou ben colla o papel que outr@s deixaron para facer os seus apuntamentos, alongando a vida útil do papel.
 
O obradoiro comezou ás 17 horas cando nos xuntamos o persoal bolseiro da OMA xunto cun grupo de 10 persoas e comezamos a organizar a cadea de traballo. Un grupo desfacendo os traballos que recollemos, unha persoa perforando o papel, unha persoa cortando o papel coa cizalla e o resto facendo as libretas re-utilizando. O resultado foi unha morea de libretas e cada participante puido levar a súa! De este xeito alongamos a vida útil do papel, papel que ía destinado ao contedor do lixo, foi de novo aproveitado para facer libretas de apuntamentos, cumprindo o principio de reutilización que é o paso previo a reciclaxe.
 
 
Esta actividade está enmarcada dentro da Semana Europea de Prevención de Residuos. Nesta semana o que se pretende é fomentar o acto de previr a produción de residuos, é dicir, todo aquilo que se poida e deba facer antes de eliminar un produto para reducir os volumes de recollida de residuos e a nocividade dos residuos xerados. Tamén se inclúe nesta proposta a preparación para a reutilización, que son as operacións que permiten reutilizar un produto ou un dos seus compoñentes que de outro xeito se converterían en residuos.
 
Aproveitamos o obradoiro para dar a coñecer estas propostas a tódolos participantes que destacaron o bo ambiente que se respirou durante a actividade así como o traballo en equipo.
 
Atoparedes máis información e fotos da actividade nas seguintes ligazóns:
 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib