23/10/2012

A UDC contra a INCINERACIÓN e pola aplicación efectiva dos 3R en Galicia

bolseirxs OMA-UDC

Dende mediados de xullo en Galiza está tendo lugar unha recollida de sinaturas dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que pretende unha aplicación efectiva dos principios dos 3Rs (redución, reutilización e reciclaxe) de residuos en Galiza. 

Esta iniciativa xorde da necesidade dunha actuación real da lexislación vixente, que mentres que na teoría expón uns obxectivos para o tratamento dos residuos en Galiza, como son a prevención, información, educación ambiental e diferentes formas de reutilización e reciclaxe; na práctica os investimentos destínanse prioritariamente á incineración e o vertido dos residuos, investindo 42 millón de euros na ampliación do vertedoiro de Sogama en Cerceda, que acada uns elevados grados de contaminación.

Así pois, dende esta iniciativa, na que participan diferentes organizacións ecoloxistas e sociais galegas, pretendese clarificar e dar forza xurídica á xerarquía que establece a prioridade dos 3Rs, para que sexa realmente de obrigado cumprimento.

Para que a ILP logre o seu debate no Parlamento, e preciso acadar un mínimo de 15.000 sinaturas en 4 meses. Para iso, dende a Oficina de Medio Ambiente da UDC, achegarémonos nas próximas semanas a diferentes facultades co fin de colaborar na difusión desta iniciativa e na recollida do maior número de firmas.

O vindeiro mércores, 24 de Outubro, a partir das 11:30 atoparémonos na facultade de socioloxía polo que todo aquel que teña interes poderá achegarse a firmar na loita contra a incineración, co fin de transformar a sociedade actual nunha “sociedade do reciclado”.
 
Agardámosvos!






bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib