16/10/2012

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA UDC 2012/2013

bolseirxs OMA-UDC
INSPECCIÓN DO RÍO LAGAR
 
O próximo 23 de Outubro ás 11:00h a Oficina de Medio Ambiente (OMA) da UDC, xunto coa Asociación ecoloxista ADEGA organiza unha actividade do Proxecto Ríos que consistirá na inspección do río Lagar.

Esta proposta ten o obxectivo de concienciar e sensibilizar á sociedade da importancia do coidado dos nosos ríos e a necesidade, por parte de todos, da súa boa conservación.

Para isto, todas as persoas voluntarias que desexen participar nesta actividade aprenderán a realizar unha inspección do estado do río Lagar, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza e o coidado do mesmo.

O punto de encontro será no edificio de servizos centrais de investigacións, un educador do Proxecto Ríos explicaranos brevemente ao carón do río en que consiste o proxecto e a metodoloxía, para que todos os participantes adquiran unha previa conciencia do que se vai realizar e como debe facerse. Aproveitaremos a xornada para aprender a recoñecer un bosque de ribeira e identificar macroinvertebrados para posteriormente darlle unha calidade ao río Lagar.
 

Participa e colabora no coidado dos nosos ríos a partir do coñecemento da calidade do mesmo, ¡esperámoste!
 
 


 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib