25/10/2012

Aquí temos os resultados da Inspección do Río Lagar

bolseirxs OMA-UDC
O pasado martes 23 de outubro un grupo de voluntarias e voluntarios xunto co persoal bolseiro da OMA (Oficina de Medio Ambiente) e Ramsés Pérez, educador de ADEGA, levamos a cabo a inspección do río Lagar, situado no campus de Elviña.
 
Esta actividade foi organizada pola OMA coa axuda do Proxecto Ríos que é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galicia, na que grupos de voluntarias e voluntarios realizan inspeccións do estado dos ríos como mínimo dúas veces ao ano, unha campaña en primavera e outra en outono, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos. Unha vez recibidos os resultados da inspección na sede do Proxecto, elabóranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas.
 
 
A nosa xornada comezou ás 11 da mañá, cando recibimos una charla informativa acerca de cómo se debía facer a inspección para máis tarde proceder a comprobar a calidade físico-química (Temperatura, pH, nitratos, osíxeno disolto e turbidez) e biolóxica (animais e plantas) do río Lagar.

Os resultados obtidos leváronnos a concluír que o río se atopa en Estado Moderado dentro da escala de cinco niveis da saúde dun río (Malo-Deficiente-Moderado-Bo-Moi bo).

Os participantes mostraron moito interese no proxecto e destacaron a grande aprendizaxe obtida durante a actividade, acadando así un dos obxectivos fundamentais do Proxecto Ríos: a educación ambiental.



Desde aquí convidámosvos a todos a participar na campaña de primavera.
Tedes máis información e fotos nas seguintes ligazóns:

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib