Amosando publicacións coa etiqueta responsabilidade ambiental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta responsabilidade ambiental. Amosar todas as publicacións

16/10/2015

Benvida ao novo curso de bolseiros da OMA

bolseirxs OMA-UDC
Arrancamos o novo curso 2015/16 na Oficina de Medio Ambiente con enerxías renovadas!

Coas primeiras reunións concluídas, o novo persoal bolseiro da OMA xa está a traballar nos diferentes proxectos da Oficina para ofrecer interesantes actividades á comunidade universitaria, tendo como obxectivo a participación e sensibilización nas cuestión de medio ambiente.
Este grupo multidisciplinar está formado por estudantes de diferentes centros da UDC que dende diferentes campos aportarán a súa perspectiva da problemática medioambiental. (Química, Bioloxía, Enxeñería de Camiños, Arquitecturas Técnica e Superior…)

Podes consultar aquí a memoria de actividades 2014/2015 para coñecer o traballo de antiguos compañeiros ou se precisas máis información visita a páxina da OMA na UDC.


Ademáis para non perder ningunha oportunidade de participar connosco en futuras actividades podes seguir tamén a nosa páxina de facebook.

Contacta en oma2@udc.es



02/12/2014

Programa V Feira da Sustentabilidade na UDC

bolseirxs OMA-UDC

Feira da sustentabilidade  Nadal 2014

Obradoiro: "Ecoideas para reciclar" 
Hora 11.30- 13h
Lugar: 1º andar
Imparten: Oficina de cooperación e voluntariado da UDC

Neste obradoiro faremos macetas a partir de tapóns de corcho


Mesa redonda:  "Proxectos de consumo responsable e reutilización"
Hora : 13.00h
Lugar: Salón de graos
Imparten
 * Proxecto GLAMURS -  Adina Dumitru, investigadora da UDC no proxecto GLAMURS
      Cooperativa de consumo responsable  zocamiñoca-  Mariola Mourelo
           * Equus zebra- ONGD reutilización de roupa na Coruña- María Luísa Pollán

Nesta mesa coñeceremos diferentes proxectos xa en marcha na universidade e na cidade da Coruña, coñeceremos o proxecto GLAMURS que é un proxecto de investigación da UDC que explora as interaccións entre factores económico, sociais, culturais, políticos e tecnolóxicos que inflúen nos estilos de vida e no desenvolvemento dunha economía verde. Tamén coñeceremos Zocamiñoca é unha cooperativa de consumo ecolóxico da cidade da Coruña, coñeceremos como funcionan e como podemos formar parte do proxecto e por ultimo a ONGD Equus Zebra que recollen roupa e outros materiais que son reutilizados xerando emprego, tamén nos explicaran como funcionan e como podemos colaborar.


Obradoiro: Adornos de Nadal
Lugar: 1º andar
Hora:  16h
Imparte: ADEGA

Neste obradoiro faremos adornos de Nadal a partir de material de refugallo.


Presentación do libro:Cando ver aves en Galicia”
Lugar: Aínda por confirmar
Hora: 18h

Teremos con nos aos autores do libro Cosme Damián Romay e Antonio Sandoval  dous expertos ornitólogos. Este libro reúne destinos e propostas de actividades para a observación de aves en Galicia en función da época do ano. Tamén inclúe unha lista de recursos sobre aves e ornitoloxía galega. De especial interese para observadores de aves afeccionados á Natureza en xeral, así como para educadores e axentes sociais e turístico que atoparán información útil para organizar e promover excursións e actividades relacionadas coas aves



Durante toda a xornada:

Mercadiño de troco
Trae a roupa que non utilizar e poderás trocala por outra dándolle unha segunda vida.

Cadernos de papel reutilizado
Co papel recollido na campaña reutiliza faremos cadernos reutilizando o papel para aproveitalo polas dúas caras, ao longo da xornada poderás facer o teu caderno. Nos darémoste os materiais.

Punto de recollida de roupa e xoguetes:   mesa de Equus Zebra
Se tendes na casa roupa ou xoguetes que non utilizades antes de que acaben no lixo os podedes doar a esta entidade. Eles estarán con nos e vos poderán explicar que se fai coa roupa e os xoguetes.

Punto de recollida de aceite usado: mesa de Arquitectos sen fronteiras proxecto mulleres colleiteiras.
Trátase dun proxecto de autoemprego para mulleres en situación de exclusión social. Se tendes aceite usado podedes traelo e este colectivo encargase de recollelo.

Ademáis
Stands  de artesanía, comercio xusto, Asociacións e entidades ambientalistas.

Artesán en xoiería artesanal, hama beads y amigurumis, cerámica e vidro, artigos de pel, artigos de ganchillo, especias, infusións e tes naturais...




16/12/2011

I Ciclo de Conferencias “RESPONSABILIDADE SOCIAL E MEDIO AMBIENTE” na UDC

bolseirxs OMA-UDC
O I Ciclo de Conferencias sobre Responsabilidade Social e Medio ambiente, organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, desenvolverase na Universidade da Coruña en 6 datas, repartidas de Decembro de 2011 a Marzo de 2012.

En cada unha destas datas, ponentes tanto da propia Universidade como alleos a ela, falarán de temas de alto interese medioambiental dende diferentes áreas de coñecemento:


I Ciclo de Conferencias "Responsabilidade Social e Medio Ambiente"

O vindeiro día 20 ás 11:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Dereito, comezará o Ciclo de Conferencias, da man da Profesora titular de Dereito Penal da UDC, Luz María Puente Alba, que explicará a temática “Protección Xurídico – Penal do Medio Ambiente":

Primeira conferencia: "Protección Xurídico - Penal do Medio Ambiente"

Por último, sinalar que pola asistencia ó ciclo solicitouse un CRÉDITO DE LIBRE ELECCIÓN e entregarase un DIPLOMA DE ASISTENCIA.

Para iscribiros, podedes enviar unha email a: enrique.fernandez.fernandez@udc.es

Continuaremos escribindo as novas tanto na nosa páxina en Facebook como en Twitter.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib