Por Miguel López López, Bolseiro de Green Campus, curso 2021-2022
O luns 8 de novembro tivo lugar no río Lagar unha inspección dos parámetros
físico-químicos e ambientais do mesmo para determinar a súa calidade xeral. Á
saída presentouse alumnado de primeiro de bioloxía, unha profesora e bolseiros/as
da Oficina de Medio Ambiente, sendo en total 14 persoas.
Proxecto Ríos é un programa
no que grupos de voluntariado
de toda Galiza realizan inspeccións de calidade das masas de auga. No caso da
OMA-UDC, ten “adoptado” o treito do río Lagar ao paso polo Campus de Elviña, do
que fai o seguimento de calidade segundo a metodoloxía do Proxecto Ríos en dúas
ocasións ao ano: inspeccións de primavera e outono.
Cada ano recóllense datos de seguimento da calidade deste treito do río,
que se inclúen no informe anual de saúde dos ríos galegos elaborado polo
Proxecto Ríos.
Paco Bañobre, coordinador do Proxecto Ríos, presentou a saída cunha breve introdución do procedemento a seguir e da fauna
e da flora das zonas fluviais galegas. Para a elaboración dun informe de calidade ambiental do río explicou o uso dos macroinvertebrados presentes como un indicador biolóxico, sinalando que a
presencia ou ausencia de familias de invertebrados determina a calidade do río,
respondendo á súa esixencia en parámetros como o osíxeno disolto, pH, nitratos,
temperatura, turbidez da auga... Nesta inspección o índice de calidade resultou
de “calidade boa” o río Lagar.
Nicolás Dosil, bolseiro
da OMA, fixo tamén unha breve presentación do que é a Oficina
de Medio Ambiente e os servizos que esta ofrece e que están a
disposición de todos/as.
Finalmente, concluíu Paco coa reflexión sobre a importancia de coidar o noso entorno e o interese de
monitorizar e establecer un programa de seguimento da saúde dos nosos ríos.
Paco Bañobre introducindo a metodoloxía a seguir na
inspección e explicando o ecosistema fluvial do río Lagar
0 comentarios:
Publicar un comentario