16/12/2021

BOAS E RESPONSABLES FESTAS DE NADAL 2021

bolseirxs OMA-UDC

 


Por Paula Garabatos Diéguez, bolseira da Oficina de Medio Ambiente da UDC no curso 2021-2022


Un ano máis o Nadal está á volta da esquina. Despois dun ano cheo de confusión, incerteza e sentimentos encontrados, por fin chega esa época do ano que independentemente da situación global, fainos sentir cerca da nosa familia e amizades.   

Co Nadal chegan tamén os regalos e as compras. É típico ver tendas abarrotadas de xente buscando o mellor agasallo para os seus seres queridos. Nesta época, máis que nunca, debemos comezar a ser máis responsables á hora de consumir.

Vimos estes dous últimos anos, coa COVID, a importancia que ten coidar o noso planeta e ser conscientes dos efectos das nosas accións.

Coas compras do Nadal, xeraranse toneladas de lixo e residuos que acabarán contaminando o planeta e contribuíndo á destrución do ecosistema mundial. O consumismo en masa e a necesidade de telo todo da sociedade contemporánea, debido principalmente á influenza das redes sociais e o efecto da globalización, fainos esquecer o realmente importante: coidar o lugar no que vivimos todas as persoas.      

Dende a OMA, queremos recordarvos, un ano máis, que non é necesario comprar

 irresponsablemente para ter un Bo Nadal:

Ö       Non se trata de non consumir, senón de facelo de forma responsable.

Ö       Facerse responsable do depósito separado dos residuos, seguindo o modelo de recollida de cada concello de Galiza.

Ö       Evitar as aglomeracións, pois a pandemia mundial por Covid aínda está presente.

Ö       Adoptar animais en vez de compralos.

Ö       Evitar plásticos dun só uso nas comidas.

Ö       Ser orixinais reutilizando papeis coloridos ou xornais vellos para envoltorios, evitando así outros envoltorios dun só uso.

Menos tempo para compras innecesarias.

Mais tempo para a compañía das persoas queridas.

BO NADAL E FELICES FESTAS!

Imaxe: capa do Manual Fogares Verdes do Nadal. Recolle consellos para ambientalizar as nosas festas de Nadal. Accesíbel para libre descarga en: http://www.adega.gal/media/documentos/0nadalverde.pdf

Imaxe elaborada por Carlota Fiaño, bolseira da OMA no curso 2019-2020



bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib