09/12/2019

Breve crónica do Simposio Internacional Campus Sustentábel

bolseirxs OMA-UDC
“Accelerating the Implementation of Sustainable Development in Campus Activities and Programmes”

Foto 1: unha das participantes.

Foto 2: visita á área de compostaxe e explicación.
Os días 2 e 3 de decembro déronse cita na Facultade de Ciencias da Educación da UDC expertos e expertas de nacionalidades diversas para atender ao Simposio Internacional "Acelerar a implementación dun desenvolvemento sustentábel nas actividades e programas dos Campus", cos obxectivos de mostrar o traballo das universidades na sustentabilidade, de intercambiar experiencias de investigación, ensinanza e deseño de Campus Verdes, e de formar unha rede de participantes e proporcionar unha plataforma de cooperación. O Simposio, que se desenvolveu desde as 8 h do luns día 2 até as 15 h do martes día 3 con preto dun centenar de asistentes, contou con 40 presentacións temáticas desenvolvidas en dúas sesións en paralelo, dúas sesións plenarias e un obradoiro.


Foto 3: obradoiro con LEGO (workshop).

A procedencia das persoas asistentes foi de áreas variadas, entre elas contouse con importantes membros das administracións universitarias; de persoal docente e investigador; grupos de estudantado; persoal técnico de proxectos e consultoría; outras persoas interesadas no campo e relacionadas co ámbito da educación e a sustentabilidade ambiental e social. Involucráronse profesionais no ámbito do desenvolvemento sustentábel no sentido máis amplo, desde a empresa e a economía, ata a arte e a moda, a administración, a enxeñaría, o medio ambiente, as linguas e os estudos multimedia.


Foto 4: outro dos participantes.

Este amplo abano de participantes axudou a integrar enfoques cara ao desenvolvemento sustentábel dos Campus.

Foto 5: visita ao Monte da Fraga.

O evento desenvolveuse en dúas sesión simultáneas para tratar a educación para a sustentabilidade con tres orientacións diferenciadas: (1) a sustentabilidade nas actividades e instalacións dos Campus, (2) a investigación, planificación e desenvolvemento de Campus Verdes, e (3) propostas de participación nos Campus e sustentabilidade nos currículos e materias.

Foto 6: visita e explicacións doutros proxectos medio ambientais

O programa completo e detalles do transcurso do Simposio poden consultarse na páxina web oficial da Universidade de Hamburgo e na páxina web da Oficina de Medio Ambiente da UDC, a cal será actualizada próximamente con álbum de fotos e materiais audiovisuais. Tamén estarán accesibles os documentos de todas as presentación realizadas no Simposio. Unha selección das mesmas será publicada nun número especial da revista International Journal of Sustainability in Higher Education, que verá a luz en 2020.

Video resumo no noso canle de YouTubehttps://www.youtube.com/watch?v=3ngLsMClcrc

Organizado por:

  • Universidade da Coruña
  • European School of Sustainability Science and Research
  • Hamburg University of Applied Sciences Research and Transfer Centre “Sustainable Development and Climate Change Management”
  • Inter-University Sustainable Development Research Programme (IUSDRP)
  • World Sustainable Development Research and Transfer Centre

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib