“A noite é necesaria” é unha exposición que consta de catro paneis a dobre cara de 1,7 metros e alto por 1,5 m de ancho da agrupación coruñesa Io, sobre os riscos que supón para o medio ambiente, e para a nosa saúde e benestar, a sobreexposición á luz artificial e a contaminación lumínica.
A inauguración correrá a cargo do Director da Escola, Ignasi Colominas e a visita guiada pola mesma da man de Martin Pawley ( pseudónimo), gañador do primeiro premio FAAE á divulgación astronómica e membro da agrupación Ío, que explicará aos asistentes os por menores desta problemática que nos afecta cada vez en maior medida e que segundo a súa opinión é un problema que “podemos e debemos solucionar”.
A Escola de Camiños mantén a súa implicación coa sustentabilidade e o medio ambiente acolléndose ao programa Green Campus no que participan máis de 40 Universidades de toda Europa dende o curso académico 2015-16. Dende a súa implantación na Escola realizáronse importantes melloras de aforro enerxético, divulgación ambiental e sustentabilidade para conseguir unha escola máis eficiente e sustentable. Por todo este traballo de mellora en 2017 foille concedida a Bandeira verde Green Campus ao centro.
A exposición permanecerá na Escola ata o próximo 22 de Abril.
0 comentarios:
Publicar un comentario