O 7 de Febreiro tivo lugar unha xornada de reforestación participativa no
Monte da Fraga, a cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA, e dirixida ao voluntariado, que sumou a 8
participantes.
O Monte da Fraga é un espazo natural, nunha zona
suburbana, no que todo era un eucaliptal. Despois de 13 anos da súa corta, hoxe
atópase poboado na meirande proporción por bosque autóctono galego, facendo
labores de coidado para a mellora da biodiversidade de flora e fauna. Se ben,
hai zonas das 4 hectáreas que dispón o Monte da Fraga, que aínda se atopan
pouco vexetadas, e é nesas zonas nas que se levou a cabo esta actividade de
voluntariado.
A equipa de educación ambiental de ADEGA iniciou a
xornada facendo unha explicación da historia deste espazo, facendo fincapé na
importancia da conservación de ecosistemas autóctonos, e convidando á
participación cidadá para que cada persoa se achegue a plantar a súa árbore ao
Monte da Fraga, favorecendo a biodiversidade do monte e que as persoas
experimentemos o contacto coa natureza.
A continuación, fíxose a plantación de especies arbóreas
autóctonas. Nesta ocasión escolléronse loureiros (Laurus nobilis), que se plantaron en liña co obxectivo de crear un
filtro verde de separación entre a estrada e o monte. Durante a xornada tamén
se fixo estaquillado de salgueiro (Salix
spp.) nas marxes da charca (construída no ano 2014), co obxectivo de dar
sombra nas épocas estivais e facer achega de materia orgánica, o cal tamén son
factores para a mellora da biodiversidade animal na charca.
O persoal bolseiro e voluntariado participante quedamos
moi contentas coa xornada, agardamos que haxa nova convocatoria, permanecede
atentas/os!!
Algunhas fotos da xornada:
0 comentarios:
Publicar un comentario