20/02/2019

CRÓNICA DA VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO



O pasado 15 de febreiro deu comezo o curso Educando para a sustentabilidade, organizado pola Oficina de Medio Ambiente, coa visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento. Este parque inaugurado no ano 2001 é un referente na divulgación e educación enerxética en Galiza.

Na visita explicáronos primeiro una breve historia do parque, dos muíños, dos aeroxeneradores, e do seu funcionamento.

Sotavento é un parque experimental no que hai 25 unidades técnicas diferentes para a obtención de enerxía.

As enerxías renovábeis representan só o 13% da enerxía total utilizada en España, e o 30% da enerxía en forma de electricidade.






A continuación da explicación visitamos a sala de control do parque, e o interior de un aeroxenerador, para observar in situ as características técnicas.

A segunda parte da visita centrouse no módulo bioclimático. Estas dúas partes estiveron separadas por un descanso no que se aproveitou para experimentar as posibilidades da enerxía solar facendo un chocolate quente nunha cociña parabólica e tamén para conducir de primeira man un coche eléctrico.




Por último, visitamos a vivenda bioclimática demostrativa que se atopa no parque. O seu deseño, situación e adaptación ao terreo, tivéronse en conta os factores climatolóxicos: radiación solar, exposición aos ventos predominantes, temperatura ambiente e precipitacións, entre outros; e factores físicos como a xeomorfoloxía do terreo, ciclo de vida dos materiais, construcións adxacentes e proximidade a puntos de abastecemento. Así, os criterios fundamentais sobre os que se asenta o deseño son: a sustentabilidade, o aforro e a eficiencia enerxética.





- Programa completo do curso Educando para a sustentabilidade: https://www.udc.es/gl/sociedade/medio_ambiente/curso/

- Aplicación para o cálculo de eficiencias e consumos electrodomésticos (por Sotavento): http://www.sotaventogalicia.com/zona_interactiva/e_ficiencia_electrodomesticos/index.htm

Alargascencia: iniciativa de Amigos da Terra para buscar arranxo a electrodomésticos e equipamentos de segunda man: https://www.alargascencia.org/es 

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib