12/03/2019

Fridays4Future: Folga 15 de marzo na Coruña


#Fridays4Future é un movemento que comezou en agosto de 2018, despois de que Greta Thunberg, unha nena de 15 anos, se sentase frente ao parlamento sueco todos os días escolares durante tres semanas, para protestar contra a falta de accións na crise climática. Mentres tanto, comezou a publicar o que estaba a facer en Instagram e Twitter, e pronto volveuse viral, cos hastags  #FridaysForFuture e #Climatestrike.

Agora moitos estudantes e adultos están a protestar fora dos parlamentos e concellos.

A Coruña tamén súmase a este movemento. O próximo venres 15 de de marzo terá lugar unha folga estudantil. Haberá actividades durante toda a mañá e unha manifestación ás 13:00h na porta do concello. 

As actividades repartiranse en diferentes prazas:

PRAZA DO HUMOR
  • 10:00h: Implicación medioambiental do coiro en Galiza e a presentación dunha alternativa.
  • 10:30h: Mulleres Colleiteiras.
  • 11:00h: Proxección "The True Cost".
PRAZA DE MARÍA PITA
  • 10:00h: Enerxías renovables.
  • 11:00h: Fogares Verdes 1*
  • 11:30h: Fogares Verdes 2*
  • 12:00h: A cartografía participativa e a potencialidade do traballo xeográfico para cambiar o mundo.
  • 13:00h: Manifestación.
* A OMA colabora coas súas accións.

PRAZA DE SAN NICOLÁS
  • 10:00h: Cambio forestal en Galicia e Asturias: Do autóctono ao alóctono.
  • 11:00h: Proxección "Bikes Vs Cars.

PARA DE ESPAÑA
  • 10:00h:  Educación ambiental.
  • 10:30h: Os obxectivos de desenvolvemento sustentable ante o futuro do planeta. A visión da arquitectura.
  • 11:00h: Estratexias sostibles.
  • 11:30h: Construción mediombiente.

ACHÉGATE E AXUDA A SALVAR O FUTURO DE PLANETA!!





0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib