XORNADA
DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO MONTE DA FRAGA
O
7 de febreiro quedamos
ás 11h
na
área de compostaxe da Praza da Fraga
para
unha nova xornada de voluntariado.
Será
unha actividade a cargo da equipa de
educación ambiental de
ADEGA, e consistirá en facer traballo de campo con ferramenta manual
para a plantación de loureiros e outras especies autóctonas*.
Durante a actividade tamén se fará o coidado e posta en valor da
charca construída no Monte, con estaquillado de salgueiro nas súas
marxes.
A
programación da xornada é a seguinte:
-
11:00h Breve historia do Monte da Fraga e do seu Proxecto de Custodia.
-
11:30h Traballo de campo: plantación de árbores e coidado da charca.
-
13:00h Remate da actividade
*PODES
TRAER A TU ÁRBORE!
Se
é posíbel
que sexan loureiros, pero calquera especie autóctona ten o seu
lugar no Monte da Fraga.
Lembrade
que ao ser unha xornada de traballo de campo, recoméndase
roupa e calzado cómodos.
INSCRICIÓN
(prazas
limitadas)
-
oma2@udc.gal indicando nome, apelidos e NIF. Asunto da mensaxe: Reforestación 7/02.
-
0 comentarios:
Publicar un comentario