05/12/2018

CRÓNICA DA NOITE DOS MORCEGOS

bolseirxs OMA-UDC
O pasado 27 de novembro tivo lugar na Facultade de Ciencias unha xornada introdutoria aos quirópteros, impartida por Xosé Pardavila, membro do grupo Sorex e experto en morcegos e pequenos mamíferos.

A xornada presentada polas persoas bolseiras da OMA, tivo una boa acollida entre a comunidade universitaria, participaron nela tanto alumnado como persoal PAS e PDI da UDC, completándose as prazas ofertadas. Comezou cunha charla teórica sobre a bioloxía, ecoloxía e folklore entorno aos quirópteros. Falouse de numerosos aspectos destes animais, desde a súa etimoloxía, filoxenia, anatomía, ata a diversidade das especies galegas e os principais factores que as ameazan.

Salientouse como principal impacto na mortalidade de quirópteros a actividade dos parques eólicos, causando tanto morte directa como destrución de hábitats,  seguido de outros impactos como a eliminación de bosques autóctonos (as árbores refuxio atópanse en masas arbóreas conservadas, non sendo así en masas novas nin plantacións forestais), incendios forestais, tratamentos fitosanitarios masivos, entre outros.

A charla foi moi dinámica, disfrutando dela tanto pequenos como maiores.



Ao finalizar a charla, desprazámonos ata o Monte da Fraga para facer unha revisión das caixas de morcegos situadas polos arredores do campus da Zapateira. Revisamos un total de cinco caixas de morcegos, das que Xosé nos mostrou cales eran as súas diferenzas e como tiñan que construírse e colocarse, animando a instalar estes refuxios en mais zonas do campus e tamén a nivel individual nas proximidades das nosas casas, para favorecer o asentamento de comunidades de quirópteros, moitas delas ameazadas, co dato do 25% de especies que posúe algún risco de extinción.

As caixas de morcegos que se atopan no Monte da Fraga foron construídas e colocadas durante o curso 2017/2018, por parte de persoal voluntario da Oficina de Medio Ambiente. Nesta primeira revisión anual non puidemos ver ningún morcego habitando estes refuxios. Xosé explicounos que é importante continuar coas revisións periódicas xa que en menos de un ano pode ser normal que aínda non se atopen habitadas. Tamén, que nas inmediacións da Zapateira e noutras zonas do Monte da Fraga xa se atopen refuxios de forma natural.


Aínda que non atopamos habitadas as nosas caixas de morcegos, disfrutamos dunha agradable noite explorando a biodiversidade que esconde o Monte da Fraga, e con ánimo para seguirmos as instrucións de seguimento dos morcegos.



bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib