No mes de outubro deste ano iniciouse un programa para a concienciación e divulgación da problemática das Especies Exóticas Invasoras (EEI) no Monte da Fraga. As EEI son a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel planetario e un exemplo atópase no monte da nosa universidade.
Por iso, o próximo mércores día 5 de decembro teremos unha nova xornada de voluntariado no Monte da Fraga para a eliminación desta flora exótica invasora.
Será a cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA.
O programa será o seguinte:
15:30: A problemática das EEI
16:00: Traballo de campo* con ferramenta manual para a eliminación das principais EEI que se atopan no Monte da Fraga
17:30: Remate da actividade
Punto de encontro: na entrada da facultade de ciencias (campus da Zapateira).
A asistencia é libre pero con límite de prazas, impriscindible inscribirse en oma2@udc.gal (indicando nome e apelidos, NIF e actividade na que te inscribes).
*Recoméndase roupa e calzado adecuado
Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC (1C=10h)
ESPERÁMOSTE!!
0 comentarios:
Publicar un comentario