22/10/2018

Proxecto Ríos: Inspección do Rio Lagar

bolseirxs OMA-UDC
O PROXECTO RÍOS é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galiza. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
Estas inspeccións realízanse dúas veces ao ano, primavera e outono, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos (www.proxectorios.org). É unha oportunidade para coñecer esta metodoloxía e aprender como protexer e desfrutar dos ríos, e un primeiro paso para crear un grupo autónomo de protección dos ríos.

Nós estudaremos o treito do río do Lagar situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigación e a Facultade de Economía e Empresas. O río do Lagar nace nos montes da Zapateira e aliméntase de mananciais procedentes co Monte da Fraga e os campus da Zapateira e Elviña.

Data: 24 de outubro
Punto de encontro: Entrada da facultade de Economía e Empresa
O programa será o seguinte:
12:00 h: Metodoloxía da Inspección de Ríos ( a cargo do persoal do Proxecto Ríos)
12:30 h: Inspección do Río Lagar
14:00 h: Remate da actividade

Inscripccións:  oma2@udc.gal (indicando nome, NIF e actividade na que te inscribes)

Recordamos que hai a posibilidade de convalidación de créditos pola participación nas actividades da OMA, 1 crédito por cada 10 horas. 😉 

VÉMONOS!!


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib