O venres 19 de outubro, a Oficina
de Medioambiente (O.M.A.) en compañía de Mar de Fabula, sumouse á
iniciativa de ADEGA “VII Limpeza
Simultánea de Praias”, realizando unha xornada de limpeza, aprendizaxe e
concienciación ambiental na cala de Bens, situada na Coruña.
A xornada comezou as 11:00 da mañá
diante da Praia, onde 34 persoas voluntarias asistiron á limpeza. A
presentación do evento e a explicación do procedemento de actuación para a recollida
dos residuos, foron explicados por Xosé Manuel de Mar de Fábula e por Verónica,
da O.M.A.
Este procedemento consistiu no
seguinte:
-Reparto de
luvas e dúas bolsas de plástico para todas as persoas: unha amarela para
residuos hixénicos sanitarios e outra azul para residuos en xeral.
-Tempo para
a recollida de lixo: 1h 30min.
- A
continuación: caracterización do lixo recollido, consistente na clasificación por
tipo de materiais e a súa posíbel orixe, coa finalidade de amosar a diversidade
de lixo que pode acabar no mar e nas praias.
O voluntariado repartiuse en dous
grupos, para abarcar as dúas marxes da Praia e avanzando cara a beiramar. A inxente cantidade
de plásticos de pequeño tamano chamou a atención de moitas das voluntarias.
Os residuos, para a súa
clasificación, foron depositados nunha
lona plástica no centro da Praia. Deste modo puidemos visualizar o conxunto de
todo o recollido ao remate da xornada, e clasificalo por tipoloxías: tecidos,
plásticos, botellas de vidro e de plástico, restos da pesca, madeira tratada, latas,
cabichas, palliñas, garfos e cóitelos de plásticos, vasos, residuos hixiénico
sanitarios, poliestireno expandido ou “porexpán”, etc.
Posteriormente, con Xose
Manuel de Mar de Fábula achegámonos a observar a saída alividadero da rede de
sumidoiros da cidade da Coruña, que está localizada na marxe desta praia. Esta
achega puntual de auga en parte tratada e en parte non, provoca contaminación
orgánica e achega de lodos. Obsérvase o crecemento de plantas de tomate nesta
área penetrando uns 50m na area da praia.
O descubrimento desta “horta
espontánea” foi a nota curiosa da xornada, da que tamén se fixo eco na prensa
da Coruña:
https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/fotos /a-coruna-metro/2018-10-16-140108-tomaccos-playa-bens.html |
A xornada remataba coa
clasificación por tipoloxías de todo o recollido, mostrando o impacto que teñen
os residuos no noso ecosistema.
No conteo final, foi recollido un
volumen de 800 litros (0.8 m3) de residuos de diversa variaedade e
orixe: textil, plásticos, botellas de plásticos (PET), residuos hixiénico
sanitarios (aplicadores de tampóns, xeringas,compresas, preservativos,
bastonciños dos oídos, etc) , cabichas de cigarros, restos de pesca (boias,
redes, cordas, etc), madeira tratada, tapóns de botellas, porexpan
(poliestireno expandido-EPS), embalaxes de comida, etc; sendo os residuos máis
comuns o textil e o PET.
0 comentarios:
Publicar un comentario