30/10/2018

CRÓNICA DO PROGRAMA: A PROBLEMÁTICA DAS ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS (EEI). ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E VOLUNTARIADO NO MONTE DA FRAGA

No mes de outubro de 2018 iniciouse un programa para a concienciación e divulgación da problemática das Especies Exóticas Invasoras (EEI) de flora no Monte da Fraga.

As EEI son a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel planetario. Os exemplos de EEI no Monte da Fraga atópanse cada curso académico en aumento: cada ano desde a Oficina de Medio Ambiente se levan a cabo campamentos de voluntariado para a súa eliminación e  sensibilización nesta problemática. No presente curso, e 8 anos despois da publicación do ESTUDO DA FLORA EXÓTICA INVASORA NO CAMPUS CENTRAL DA UDC (ELVIÑA-A ZAPATEIRA), fíxose a programación que se detalla a continuación, e que se continuará ao longo do 2018/19 (atentas ás convocatorias neste blogue)
  • -      18 de outubro: Conferencia: Especies Exóticas Invasoras (EEI): xestión baseada no coñecemento das plantas
  • -      23 de outubro: Demostración de metodoloxías de actuación sobre as EEI
  • -      25 de outubro: Xornada de voluntariado no Monte da Fraga (I): Mapeado das principais EEI
  • -      15 de novembro: Xornada de voluntariado no Monte da Fraga (II): Eliminación de flora exótica invasora  (inscricións abertas en oma2@udc.gal ata o 14/11. Prazas limitadas, concederanse por orde de inscrición)


Crónica da Conferencia: Especies Exóticas Invasoras (EEI): xestión baseada no coñecemento das plantas

O 18 de Outubro  tivo lugar na Facultade de Ciencias , a conferencia de especies exóticas invasoras , a cargo de D. Dominique Roux, responsable de DESBROMONTE.COM e PLANTASINVASORAS.ORG.


Ao acto asistiron unas 35 persoas, entre elas persoal traballador da empresa concesionaria da xardinería nos campus da UDC, ademáis do alumnado e profesorado da área de Ciencias.

Con dita conferencia, o ponente fixo visible a problemática das plantas exóticas invasoras, que se caracterizan por ter un rápido crecemento e grande capacidade de dispersión, ademáis de que unha vez teñen colonizada unha zona, desplazan á flora autóctona, degradan os hábitats naturais e provocan a perda de biodiversidade.

Dominique Roux mostrounos unha solución de erradicación de estas plantas grazas á adaptación de con distintas ferramentas, deseñadas diferencialmente para varios tipos de EEI (en función do seu porte, do seu sistema radicular…).


Crónica da Demostración de metodoloxías de actuación sobre as EEI

O martes día 23 de outubro tivemos a sorte de contar outra vez con Domique Roux, responsable de DESBROMONTE.COM e PLANTASINVASORAS.ORG, así coma cos seus compañeiros, para levar a cabo unha demostración práctica das posíbeis metodoloxías de actuación para a erradicación de EEI, fomentando unha xestión baseada no coñecemento das plantas e as súas características.

A xornada estivo dirixida a un grupo reducido de participantes, un total de 16, procedentes de varias empresas de xardinería e tamén do ámbito académico da UDC.

Nesta xornada de demostración, as metodoloxías propostas foron principalmente 3:
  • 1)   Eliminación con ferramentas adaptadas ás principais EEI (en función do seu porte, sistema radicular...). Esta medida é de uso manual, diminúe o esforzo físico no arrinque das plantas de raíz.

  • 2)   Eliminación por cobertura: unha vez cortadas as plantas, evítase o seu rebrote cubrindo con un plástico negro ou ben un xeotéxtil. Esta medida, en función da especie que se estea a cubrir, pode ser necesaria durante 2-3 anos en especies mais leñosas con raíces fortes, para asegurar que non haberá rebrote.

  • 3)   Eliminación por emprego de herbicidas: mostráronse alternativas aos herbicidas de síntese química, como son o allo+arxila e a sal. A introdución de allo no sistema vascular das plantas libera compostos alelopáticos que as debilitan e terminan secando.
Tamén nos fixeron ver que a eliminación das EEI non se trata simplemente de eliminar físicamente á planta, senón que haberá que restaurar o espazo onde se atopaba para evitar rebrotes e/ou colonizacións da mesma ou outras EEI. Así, para os ocos que quedan no terreo onde se eliminaron as EEI, propuxeron unha sembra de mestura de 4 sementes:   avea1, amapoula2, mostaza branca3 e trébore branco4 nunha concentración de 1 g/m2.

  • 1Avena spp. Achega altura nas plantas de restauración do espazo.
  • 2Papaver rhoeas. Combina ben con gramíneas (avea).
  • 3Sinapis alba. Especie que xermola fácil, de sembra en agricultura tradiciional entre cultivos.
  • 4Trifolium repens. Tapiza a zona baixa fixando o substrato. 






RECORDA: A problemática das EEI son a segunda causa da perda de biodiversidade a  nivel planetario. Se queres eliminar algunha destas plantas, ou non estás seguro de se é ou non é invasora, busca información oficial, fórmate e participa, e contacta con expertos!!

Crónica da Xornada de voluntariado no Monte da Fraga (I): Mapeado das principais EEI


Na primeira xornada de voluntariado con Especies Exóticas Invasoras (EEI) no Monte da Fraga neste curso 2018/2019, levamos a cabo un mapeado das principais especies de flora invasora que aparece no Monte.

A actividade desenvolvéuse o día 25 de Outubro en horario de tarde. Participaron un total de 7 persoas, case todas xa asistentes á previa programación dos días 18 e 23.

As persoas responsábeis da actividade foron a equipa de educación ambiental de ADEGA, María, Itziar e Raquel: despois de presentarnos a Asociación (www.adega.gal), os seus eixos de traballo e actuacións no coidado do medioambiente, explicáronnos como se desenvolvería a xornada.

Os Campus de Elviña e A Zapateira contan con un Estudo da Flora Exótica Invasora do ano 2010. A colonización por EEI nos Campus da UDC, e así tamén no Monte da Fraga, foi en incremento nos últimos anos, polo cal se considerou a actualización deste estudo 8 anos despois para o Monte da Fraga, área da UDC que conta con un proxecto de custodia e voluntariado ambiental.

Para o desenvolvemento da actividade, as coordinadoras repartiron os mapas cos roteiros a seguir no mapeado das EEI. Antes da saída puidemos identificar as plantas obxectivo en Guías de identificación da flora. Durante o mapeado, unha persoa da organización tamén se dedicou a facer a xeolocalización destas especies grazas a unha aplicación do móbil.

No tempo previsto, percorremos os principais sendeiros do Monte da Fraga e conseguindo localizar as principais EEI, que foron: Buddleja davidii, Cortaderia selloana (herba da pampa ou plumacho), Acacia melanoxylum e Eucaliptus spp. Tamén atopamos exemplares de Pittosporum spp., Conyza canadensis, Oxalis spp.,Cyperus eragrostis, Senecio mikainoides.

A continuación mostramos as fotos das principais EEI atopadas, o mapa seguido e da participación na xornada.

Grazas a ADEGA e ao voluntariado ambiental pola participación e concienciación na problemática das EEI, que se trata da segunda causa de perda de biodiversidade no planeta.



·     Buddleja:
Pittosporum:




·         Herba da pampa :


·         Eucalipto:


·         Acacia Melanoxylum:
·         


1 comentarios:

  1. Un artigo moi interesante. Nos últimos anos estamos a observar cómo a vespa velutina está a acabar coa nosa. Este insecto é o que fai o ruido pero coma él hai moitísimos máis animais que están a destruir á nosa faunasen culpa. Unha pena que o único que se mire sexa o carto cando se fan importacións. Despois están os ríos cheos de cangrexos americanos, de tartarugas de florida ou de vespas asiáticas...

    ResponderEliminar

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib