29/10/2018

Crónica: PROXECTO RÍOS, convocatoria de outono


O mércores 24 de outubro a OMA desprazouse ata o Campus de Elviña para unha xornada de inspección do Río Lagar. Contamos con Paco Bañobre, coordinador do Proxecto Ríos, que se encargou de dirixir a actividade. A xornada contou coa participación de 18 persoas, na súa maior parte estudantes da facultade de ciencias.


Esta xornada iniciouse con un contratempo:


Imaxes: vertetuda atopada na inspección do Proxecto Ríos e toma de mostras da mesma.
Ao chegar á beira do río, puidemos observar in situ que se estaba a producir unha vertedura dunha substancia de cor branca. Rastrexamos até a orixe e inmediatamente avisamos ás autoridades competentes.

Unha vez avisadas as autoridades, desprazámonos río arriba do punto onde se realizou a vertedura e Paco Bañobre explicou a metodoloxía a seguir para facer unha avaliación do estado do río.
Nesta actividade determinouse o estado do río Lagar en base a parámetros biolóxicos, empregando os macroinvertebrados acuáticos como bioindicadores da calidade da auga.


Durante a mostraxe encontráronse exemplares de diversos grupos de macroinvertebrados como odonatos, efemerópteros, tricópteros, etc.
En base aos macroinvertebrados encontrados, e empregando un índice adaptado do IBMWP (Iberian Bio-Monitoring Working Party) determinouse a calidade da auga do Río Lagar, no seu paso polo campus de Elviña. Dando como resultado unha calidade da auga moderada.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib