Xornada de bioconstrución
Campus de Elviña
martes, 28 de marzo ás
17h30
Gratuíta, prazas limitadas
___________________________________________________________________________________________
A construción sustentable é un dos
piares básicos contra o cambio climático. Tras o éxito que tivo na convocatoria
anterior, a Oficina de Medio Ambiente, volta organizar unha xornada sobre a
bioconstrución.
Esta xornada será o próximo día 28
de marzo. Quedaremos no Campus de Elviña, no espazo que hai entre a Casa do
Lagar e a Facultade de Informática ás 17h30. Comezaremos a visita no BANCOB que recibe este nome por ser feito coa técnica
COB, que utiliza arxilas, areas, palla e barros.
Alí Marta Salgado, Aparelladora e
Víctor González, Arquitecto, membros de ESPIGA (Asociación galega para a
Bioconstrución) explicarannos os detalles e principais características da
técnica e como se levou a cabo. No proxecto tamén participou Enxeñería Sen
Fronteiras.
Dende alí, dirixirémonos ata o CIFP
SOMESO para visitar o módulo de bioconstrución, A Vieira, onde recibiremos
ampla información por parte do profesor Juan Bello. A Vieira está diseñada mediante criterios
bioclimáticos que teñen en conta a orixe dos materiais, sendo en esencia de
orixe natural, como palla para o illamento ou barro para os enfoscados e
madeira para a estrutura, e criterios enerxéticos como a orientación das
aperturas ao exterior para o aproveitamento de enerxía solar.
0 comentarios:
Publicar un comentario