Mercado eléctrico e factura da luz
Facultade Educación
martes, 4 de abril ás 12h
Gratuita, prazas limitadas
____________________________________________________________________________________
Nos últimos meses abrimos os xornais, as redes sociais e acendemos os televisores e case sempre unha das noticias é relativa á factura da luz. Uns din que se hai moitos impostos, outros que se non chove ou fai pouco vento, outros que hai que pagar débedas… Quen ten a razón?
Para sacarte de dúbidas, a Oficina de Medio Ambiente, organiza unha charla informativa sobre a factura da luz e todo o que rodea ao mercado eléctrico no noso país.
Teremos o pracer de contar con Xosé Manuel Golpe Acuña, Técnico especialista en Enerxías Renovables e Consultor enerxético en FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña) que nos dará unha ampla visión sobre o tema.
Falaremos de distintos puntos que rodean á factura eléctrica:
- Descrición dos compoñentes da factura eléctrica doméstica
- Funcionamento do mercado
- Peaxes de acceso
- Sistema de casación diaria "POOL"
- A factura en detalle
- Aforros potenciais
- Alternativas
Ao rematar a exposición do poñente, abrirase unha quenda para que cada un exprese a súa opinión e así compartir distintos puntos de vista.
Para poder organizar o lugar da charla, inscribidevos nesta ligazón ou enviade un correo a oma3@udc.es indicando nome e DNI, para poder contabilizar dun xeito aproximado o número de asistentes.
0 comentarios:
Publicar un comentario