24/10/2016

SEMINARIO “RETOS DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO. OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”

bolseirxs OMA-UDC
   O seminario “Retos da cooperación ao desenvolvemento. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”, enmárcase dentro das actividades previstas no convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as universidades galegas para a consolidación da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento, creada en 2014.

        O seminario será impartido polo profesor José Antonio Alonso, catedrático de Economía Aplicada da Universidad Complutense de Madrid. O profesor Alonso é, dende 2006, vocal experto do Comité para Politicas de Desenvolvemento das Nacións Unidas e membro, dende 2005, do Consejo Asesor de Cooperación al Desarrollo, Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. José Antonio Alonso está especializado en crecemento e desenvolvemento e relacións económicas internacionais, dirixindo o Master de Cooperación ao Desenvolvemento e Axuda Internacional da UCM.

Os seus últimos libros son Cooperación con países de renta media, Editorial Complutense, Madrid 2007; Acción colectiva y desarrollo. El papel de las instituciones, Editorial Complutense, 2008 (con C. Garcimartín); Financiación del Desarrollo. Viejos recursos, nuevas propuestas, Siglo XXI, Fundación Carolina, Madrid, 2009;Corrupción, cohesión social y desarrollo, Fondo de Cultura Económica, Madrid, 2011 (con C. Mulas); e Cooperación para el Desarrollo en Tiempos de Crisis, Fondo de Cultura Económica, Madrid, 2012 (con J.A. Ocampo), cuxa versión en inglés (Development Cooperation in Times of Crisis) foi editada por Columbia University Press, New York. O seu último libro (editado con Giovanni Andrea Cornia e Rob Vos) é Alternative Development Strategies for the post-2015 Era, editado por Bloomsbury Academic, New York. 

Programa do seminario:
1.- As características da cooperación ao desenvolvemento
2.- Evolución histórica da cooperación:  os principais fitos
3.- Cumprimos cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio?
4.- Cara aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
5.- Presente e futuro da cooperación ao desenvolvemento en España
6.- O papel da universidade

O seminario desenvolverase o próximo día 26 de outubro, en horario de 16.00 a 20.00 horas no salón de graos da Facultade de Dereito do campus de Elviña.
A asistencia é libre e gratuíta ata completar aforo.


Calquera dúbida sobre a inscrición pode ser plantexada por medio dos correos electrónicos: ocv@udc.es; ocvfer@udc.es 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib