Curso de interpretación do patrimonio
Os próximos días 7
e 8 de novembro, a OMA (Oficina De Medio Ambiente da UDC) xunto coa asociación
ecoloxista ADEGA, realizarán unha presentación dos proxectos de voluntariado
ambiental en marcha no Monte da Fraga, no campus da Zapateira da UDC.
Manuel Pimentel profesor
de Ciencias da área de Botánicapresentará o proxecto Monte da Fraga. A
continuación, María Lafuente, membro de ADEGA, presentará as actividades de
voluntariado ambiental da OMA.
Coma prato forte
das xornadas, AraceliSerantes (Boli) profesora de Educación Ambiental na UDC e
socia da AIP (Asoc. Para la interpretación del Patrimonio)impartirá o curso de“interpretación do patrimonio, como poder
comunicar unha guía con éxito”. Terá
lugar un obradoiro para o deseño dunha rota con paneis interpretativos para o
Monte da Fraga.
Para participar
nestas xornadas, é necesario inscribirse no e-mail: oma3@udc.es
xa que as prazas son limitadas. Para calquera dúbida no tocante as actividades
ou calquera outra cuestión, podes porte en contacto a través das distintas
redes sociais como son Twitter OMA, na nosa páxina de Facebook ou seguindo este Blog.
Lugar: Salón de actos da
Facultade de Ciencias da UDC (Campus da Zapateira)
Inscrición: oma3@udc.es
Contamos coa túa
presenza!
0 comentarios:
Publicar un comentario