O pasado mércores 4 de Novembro tivo lugar o encontro
Proxecto Ríos para a inspección do Río Lagar, no treito situado entre o
Edificio de Servizos Centrais de Investigación e a Facultade de Economía e
Empresas, organizado pola Oficina de Medio Ambiente en colaboración con ADEGA.
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación,
educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galiza. Fundaméntase na
realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos
voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da
vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións
realízanse dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio
proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumprimentar as Follas de
Inspección.
No noso encontro cada persoa cubría unha destas Follas de
Inspección coa axuda de Paco Bañobre, quen dirixiu a actividade e nos ensinou
cómo estudar o estado dun treito de río. Primeiro estudamos a calidade hidromorfolóxica
basándonos na observación do bosque de ribeira, presenza de rápidos… Tras a
toma de mostras dirixímonos ao interior da Facultade de Economía e Empresas
para estudar a calidade biolóxica do mesmo, xa que debido ao mal tempo non foi
doado a inspección in situ da calidade físico-química da auga (temperatura, pH
…).
Xa no interior identificamos os macroinvertebrados
presentes no punto de mostraxe. Estos organismos son bioindicadores da calidade
da auga, cada familia ten asignada unha calidade dependendo dos seus
requirimentos para o seu desenvolvemento e supervivencia. O resultado do índice
de macroinvertebrados apunta cara unha calidade moderada do río.
Para máis información do proceso e outras curiosidades podes
consultar a páxina de Proxecto Ríos.
0 comentarios:
Publicar un comentario