Mañá pola mañá dará comezo a PRIMAVERA AMBIENTAL na UDC.
O evento co que partirá, ás 12:00 h. na Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira), Aula 13 (1,5 h de duración) é a charla:
O impacto do lume no Parque Natural das Fragas do Eume
Carlos Muñoz Martínez, Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña (Xunta)
Marcelino Fuentes, profesor de Ecoloxía da UDC
Ernesto Lopes Dias, representante de ADEGA
Ó día seguinte, tendes unha nova oportunidade para participar na Primavera Ambiental, xa que o 25 de abril:
Ás 17:00 h, Facultade de Economía e Empresa (Campus de Elviña), Salón de Graos (1,5 h de duración)
Mobilidade e sustentabilidade. Os desprazamentos ao Campus
Benito Pérez, profesor da Facultade de Economía e Empresa
Francisco García, Asociación por unha mobilidade sustentábel Mobi-Liza
A continuación da charla (aprox. 18:30 h)
Visita guiada ás exposicións sobre a pegada ecolóxica da mobilidade (1 h de duración)
Agardámosvos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario