09/01/2012

Presidencia Danesa da UE: camiño á Europa Verde

bolseirxs OMA-UDC
A Presidencia Danesa desexa manter a primacía mundial da UE en medio ambiente, enerxía e clima, polo que inclúe o crecemento verde e sostible no núcleo do seu programa.

A política climática da UE consiste nunha serie de obxectivos, estratexias e ferramentas para mitiga-lo cambio climático e o seu impacto.

Ditos obxectivos e estratexias durante a Presidencia Danesa, pódense resumir en tres puntos:

Obxectivos 2020: reducir as emisións que provocan o efecto invernadoiro un 20% en comparación co ano 1990, incrementar o uso de enerxías renovables outro 20% e aumentar a eficiencia enerxética de novo un 20%.

Mapa de ruta no ámbito enerxético para 2050: acadar no 2050 unha sociedade con baixos niveis de CO2.

Negociacións internacionais sobre o clima, que seguirán a ser unha prioridade.

Podedes consultar máis información nas seguintes ligazóns, que serviron de fonte para a elaboración desta entrada:

Comisión Europea

Páxina Oficial da Presidencia Danesa da Unión Europea

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Sì, en breve en sociología, cierto!Muy interesante esto que has subido.( he vuelto a escribir este comentario para corregirle faltas de ortografía ;)).

    ResponderEliminar

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib