05/12/2011

EUROPEAN GREEN CAPITAL

bolseirxs OMA-UDC
Na entrada de hoxe queremos achegarvos unha iniciativa da Comisión Europea, que comezou o seu percorso o ano pasado: a European Green Capital.

Tendo en conta que o 80% dos europeos vive en zonas urbanas, ideouse este proxecto para promover e premiar ás cidades de máis de 200.000 habitantes, que mellor combaten os retos medioambientais e fan un esforzo maior para convertirse en cidades verdes.

O premio dase anualmente a unha cidade que ten un record alcanzando altos estándares medioambientais, vai máis lonxe e comprométese con obxectivos maiores de mellora medioambiental e desenvolvemento sustentábel, podendo actuar tamén como exemplo inspirador para outras cidades e promover mellores prácticas para o resto de cidades europeas.

O premio do ano 2010 foi para Estocolmo.
Este ano a gañadora é Hamburgo.
Xa hai premiadas para os anos 2012 e 2013: Vitoria-Gasteiz e Nantes, repectivamente.

A continuación podedes ver un video explicativo e moi interesante desta iniciativa:



Agardamos que sexa do voso interese.

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib