Amosando publicacións coa etiqueta proxecto ríos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto ríos. Amosar todas as publicacións

01/03/2012

Resultados INSPECCIÓN DO RÍO LAGAR

bolseirxs OMA-UDC
O xoves 16 de febreiro levouse a cabo a inspección do río Lagar que pasa pola UDC. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Ríos para levar a cabo unha avaliación voluntaria a nivel nacional e constante do estado dos ríos, neste caso , o río Lagar.
A actividade foi organizada pola Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA) xunto con ADEGA. Paco Bañobre encargouse de levar a inspección no río. 
Nela puídose traballar cos aspectos biolóxicos ,fisico-químicos e morfolóxicos do río como indicadores da calidade do mesmo.


Detalle da Inspección do Río Lagar

Os asistentes, estudantes da Universidade da Coruña, mostraron grande insterese na participación no proxecto pola súa conta establecendo emails de contacto para poder levar a cabo as súas inspeccións independentes do establecido e divulgado na UDC. 
Destaca a grande aprendizaxe por parte dos asistentes a través desta inspección e da charla previa ,  dando así como resultado o obxectivo esperado  nestas xornadas, educación e divulgación medio ambiental, e  inspección do río Lagar.

07/02/2012

III Xornadas de voluntariado ambiental na UDC curso 11/12

bolseirxs OMA-UDC
PROXECTO RÍOS


Voluntariado Ambiental UDC

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación
Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, dúas novas xornadas de Voluntariado Ambiental na UDC.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa
dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por
parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis
da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.



Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.

Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos
subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas. Asemade, recolleranse nunha
base de datos accesíbel na web Proxecto Ríos . Posteriormente os grupos que así o
desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha
medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.


Trátase dunha iniciativa que xorde en Cataluña en 1997 da man da Associació Hábitats. Logo de 11
anos de implantación, actualmente converteuse nunha iniciativa conxunta que se desenvolve de
forma paralela en cinco territorios máis: a Rede Hidrográfica do Júcar, a Comunidade Autónoma de
Madrid, Cantabria, El Bierzo – Laciana, Galiza e, fóra do Estado, en Portugal. Isto fai que hoxe día,
o Proxecto Ríos conte con máis de 1.400 grupos de voluntarios en toda a península ibérica.

O mércores 15 de febreiro as 12:00, no salón de actos da Facultade de Ciencias (Campus da
Zapateira), terá lugar unha charla informativa do Proxecto Ríos.

O xoves 16 de febreiro, dende as 11:00 desenvolverase a actividade "Inspección do río Lagar",
sendo o punto de encontro o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña).

É preciso inscrición previa para o día 16
oma.udc@hotmail.es / Tfn: 670 592 305

12/12/2011

RESULTADOS DAS XORNADAS DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA UDC

bolseirxs OMA-UDC
O día 30 de novembro de 2011 deu comezo a primeira das actividades a realizar levada a cabo pola Oficina de Medio Ambiente da Vicerreitoría de Infraestrucutras e Xestión Ambiental da UDC xunto coa asociación ADEGA, dando comezo ás xornadas programadas en relación ao Proxecto Ríos: a charla explicativa do antedito proxecto.

Nela contamos cunha exposición aberta a calquera oínte impartida por unha representante de ADEGA e onde finalmente abriuse un debate sobre diferentes temáticas e dúbidas no que os asistentes puideron poñer en voz de todos as inquedanzas e opinións respecto ao Proxecto Ríos e a temática medio ambiental na UDC.

Charla explicativa do Proxecto Ríos




Lixo extraído do río Lagar

O día 1 de decembro de 2011 levouse a cabo a limpeza do río que atravesa o campus de Elviña, tamén en colaboración con ADEGA no marco do Proxecto Ríos. Atopamos de todo: latas, botellas e bolsas de plástico, papeis, e mesmo unha viga de hormigón. En total recollimos entre 40 e 50 quilos de lixo.

Agardámosvos nas próximas xornadas.

28/11/2011

Voluntariado ambiental na UDC: Proxecto Ríos

bolseirxs OMA-UDC
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, dúas xornadas de Voluntariado Ambiental na UDC.

O mércores 30 de novembro ás 12:00, no salón de actos da Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira), terá lugar unha charla informativa do Proxecto Ríos.

O xoves 1 de decembro, dende ás 11:00 e ata as 14:00 desenvolverase a actividade "Limpeza do río Lagar", sendo o punto de encontro o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña).

Salientar que podedes incorporarvos ás actividades no momento que querades.

Se precisades máis información ou queredes contactar con nós ou cos nosos colaboradores podedes facelo nas seguintes direccións de email e teléfonos:
oma2@udc.es / 981 16 70 00 ext. 5693
lucia@adega.info / 981 57 00 99

Agardámosvos!

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib