Amosando publicacións coa etiqueta mobilidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mobilidade. Amosar todas as publicacións

11/02/2015

Crónica II Obradoiro de Caixas Niño

bolseirxs OMA-UDC
O pasado 4 de Febreiro realizouse na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT) a segunda edición dos Obradoiros de Caixas Niño organizados pola Oficina de Medio Ambiente da UDC en colaboración coa asociación ecoloxista ADEGA, ós que se inscribiron unha ducia de estudantes da universidade. 


A xornada comezou cunha serie de charlas a cargo de Ramsés Pérez (ADEGA) e Cosme Damián Romay (experto Ornitólogo) sobre a utilidade das caixas niño no campus universitario -como acubillo e lugar de cría para aves e morcegos nestes meses de inverno- e a biodiversidade de aves presente en Elviña e A Zapateira. 



A continuación, o xa mentado Ramsés Pérez, dirixiu o obradoiro no que se construiron caixas niño tanto para pendurar no campus e levar un seguemento delas como para uso propio dos participantes. Para levar a cabo este obradoiro foi importante a colaboración dos Mestres da EUAT, amosando o funcionamiento das máquinas disponibles e aconsellando ós participantes.










Grazas a todo os participantes por vir! 




Todas as fotos copiando e pegando este enlace no navegador:
https://plus.google.com/u/0/photos/101727169314543003023/albums/6112474543149859473



10/11/2014

Crónica do roteiro e obradoiro de ergonomía e mantenemento básico da bicicleta

bolseirxs OMA-UDC
O pasado mércores 5 de Novembro tivo lugar o roteiro e o obradoiro de ergonomía e mantemento organizado pola oficina de medio ambiente (OMA ) en colaboración coa Asociación Mobi-liza, unha asociación galega para a mobilidade sostible, creada co propósito de defender os intereses dos peóns, as persoas ciclousuarias e as que usan o transporte público.

Un dos obxectivos da OMA é traballar a mobilidade sostible no campus, por esta razón hai un servizo de préstamo de bicicletas. Para completar este servizo organizamos esta actividade co persoal de Mobi-liza, que nos deron a coñecer unha ruta segura en bici dende a cidade ao campus, e demais coñecementos básicos da bici.

Ás 17 horas reunímonos na Praza de Pontevedra para facer en bicicleta o roteiro até o Campus de Elviña. Fran García, da Asociación Mobi-liza foi o encargado de presentarnos esta actividade contounos algunhas das cuestións básicas á hora de circular pola cidade coa bicicleta.

Aproximadamente 40 minutos despois chegamos ó Edificio Xoana Capdevielle onde se impartía o obradoiro de mantemento, ergonomía e reparacións básicas. Luís e Fran, da asociación Mobi-liza, falaron dos seguintes temas:
  • Ergonomía: onde ensinaron como axustar a altura da sela, a posición da potencia (guiador) e dos freos, para así poder ter a posición correcta na bicicleta e non sufrir lesións.
  • Mantemento: ensinounos como limpar a cadea e engraxala axeitadamente, e como gardala bicicleta en caso de non usala por un longo período de tempo.
  • Reparacións básicas: neste grupo incluíase como reparar un pinchazo e os fallos máis comúns dos freos e do cambio e como arranxalos.
  • Normas da lexislación vixente: cuestións como a obrigatoriedade do uso do casco ou de elementos refráctante.
  • Moitas grazas a todos pola vosa asistencia e esperamos que con ente curso se fomente o uso da bicicleta na cidade entendida como un medio de transporte.



30/10/2014

Roteiro e obradoiro de ergonomía e mantemento básico da bicicleta

bolseirxs OMA-UDC
Todas aquelas persoas que desexen coñecer unha ruta segura e alternativapara chegar ao campus desde o centro da Coruña en bicicleta, poden achegarse o 5 de novembro ás 17:00 h á praza de Pontevedra (fronte a cafetería Manhattan) en bici, para subirmos desde alí até Elviña.


Á continuación, ás 18 h no edificio Xoana Capdevielle, dará comezo unobradoiro impartido pola asociación Mobi-Liza, onde aprenderemos os coidados básicos da bicicleta. Os axustes, o coidado e as reparacións da nosa montura son un factor crucial para facer dela un medio de transporte cotián, eficiente e fiable. Ademais aprenderemos a axustar a nosa montura para así poder ter a posición correcta e non sufrir lesións.

Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a oma3@udc.es indicando en cal das actividades participarás: a) no roteiro en bici dende a Praza de Pontevedra a Elviña, b) No obradoiro de ergonomía e mantemento básico da bicicleta.

23/05/2012

A "Pegada Ecolóxica" chega á ETS de Camiños

bolseirxs OMA-UDC

Xa podedes visitar a mostra itinerante "Pegada Ecolóxica e Mobilidade"(composta pola SGEA a partir do informe da “Pegada e débeda ecolóxica. Situación en Galiza” (2007), elaborado pola FEG e financiada pola UDC e a Xunta de Galicia) na ETS de Camiños, Canais e Portos da UDC (Campus de Elviña) ata finais do mes de Xuño.

Nela podedes atopar información, entre outras cousas, sobre:

 A Crise Ambiental

Que é a Pegada Ecolóxica

A Débeda Ecolóxica

A Pegada Ecolóxica no Mundo

A Pegada Ecolóxica en Galiza

A Débeda Ecolóxica en Galiza

A Pegada Ecolóxica na UDC

A Pegada da Mobilidade na UDC

Solucións en Galiza

23/04/2012

Comeza a Primavera Ambiental na UDC

bolseirxs OMA-UDC
Mañá pola mañá dará comezo a PRIMAVERA AMBIENTAL na UDC.

O evento co que partirá, ás 12:00 h. na Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira), Aula 13 (1,5 h de duración) é a charla:

O impacto do lume no Parque Natural das Fragas do Eume
Carlos Muñoz Martínez, Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña (Xunta)
Marcelino Fuentes, profesor de Ecoloxía da UDC
Ernesto Lopes Dias, representante de ADEGA

Ó día seguinte, tendes unha nova oportunidade para participar na Primavera Ambiental, xa que o 25 de abril:

Ás 17:00 h, Facultade de Economía e Empresa (Campus de Elviña), Salón de Graos (1,5 h de duración)
Mobilidade e sustentabilidade. Os desprazamentos ao Campus
Benito Pérez, profesor da Facultade de Economía e Empresa
Francisco García, Asociación por unha mobilidade sustentábel Mobi-Liza
A continuación da charla (aprox. 18:30 h)
Visita guiada ás exposicións sobre a pegada ecolóxica da mobilidade (1 h de duración)

Agardámosvos.

19/04/2012

PRIMAVERA AMBIENTAL na UDC

bolseirxs OMA-UDC
ACTUALIZACIÓNS:


24 abril
Ás 12:00 h, Facultade de Ciencias, Aula 13 (1,5 h)
O impacto do lume no Parque Natural das Fragas do Eume
Carlos Muñoz Martínez, Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña (Xunta)
Marcelino Fuentes, profesor de Ecoloxía da UDC
Ernesto Lopes Dias, representante de ADEGA

* * * * * * * *
A oficina de medio ambiente (OMA) da Universidade da Coruña e ADEGA organizamos un ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións baixo o  título de Primavera ambiental. 
O obxectivo deste ciclo, que terá lugar do 24 de abril ó 29 de maio, é achegar á comunidade universitaria as diferentes problemáticas ambientais que temos no país e propostas  de mellora tanto a nivel individual como colectivo. Con este fin, tocaremos varias temáticas como o impacto do lume nas Fragas do Eume, mobilidade, a calidade do aire, xestión de residuos, aforro enerxético e aproveitamento da auga.
Algunhas das xornadas estarán compostas dunha conferencia onde diferentes expertos achegarán a súa visión sobre a temática, noutras xornadas despois da conferencia teremos a oportunidade de facer  unha visita guiada a exposición da Pegada Ecolóxica, poderemos asistir a un obradoiro para aprender a reutilizar e facer papel reciclado, teremos a oportunidade de coñecer os composteiros comunitarios do campus e aprender a xestionar correctamente os residuos orgánicos, daremos uso ao compost plantando un pequeno horto e celebraremos o ano internacional da eficiencia enerxética co I entrontro solar na UDC, nesta xornada poderemos comprobar os diferentes usos da enerxía solar, cociñaremos e teremos unha mostra dos diferentes aparellos solares, e por último clausuraremos as xornadas cun ciclo de curtametraxes de temática medioambiental.

Os interesados podedes solicitar un crédito de libre configuración, (pola participación nun mínimo de 10 horas) mediante a inscrición no enderezo oma2@udc.es



Velaquí tendes o programa completo (se avisará puntualmente de calquera cambio que se producise):
Programa PRIMAVERA AMBIENTAL UDC

10/04/2012

A Pegada Ecolóxica visita a Facultade de Económicas

bolseirxs OMA-UDC
Xa podedes visitar a mostra itinerante "A Pegada Ecolóxica"(composta pola SGEA a partir do informe da “Pegada e débeda ecolóxica. Situación en Galiza” (2007), elaborado pola FEG e financiada pola UDC e a Xunta de Galicia) na Facultade de Económicas da UDC (Campus de Elviña) ata finais do mes de Abril.

Nela podedes atopar información, entre outras cousas, sobre:

 A Crise Ambiental

Que é a Pegada Ecolóxica

A Débeda Ecolóxica

A Pegada Ecolóxica no Mundo

A Pegada Ecolóxica en Galiza

A Débeda Ecolóxica en Galiza

A Pegada Ecolóxica na UDC

A Pegada da Mobilidade na UDC

Solucións en Galiza


Agardámosvos :)

23/02/2012

"A Pegada Ecolóxica" chega á Fac. de Informática da UDC

bolseirxs OMA-UDC
Xa podedes visitar a mostra itinerante "A Pegada Ecolóxica"(composta pola SGEA a partir do informe da “Pegada e débeda ecolóxica. Situación en Galiza” (2007), elaborado pola FEG e financiada pola UDC e a Xunta de Galicia) na Facultade de Informática da UDC (Campus de Elviña) ata finais do mes de Marzo.

Nela podedes atopar información, entre outras cousas, sobre:

 A Crise Ambiental

Que é a Pegada Ecolóxica

A Débeda Ecolóxica

A Pegada Ecolóxica no Mundo

A Pegada Ecolóxica en Galiza

A Débeda Ecolóxica en Galiza

A Pegada Ecolóxica na UDC

A Pegada da Mobilidade na UDC

Solucións en Galiza

Velaquí algunhas imaxes da mostra:




Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib