Amosando publicacións coa etiqueta ecolóxica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ecolóxica. Amosar todas as publicacións

17/03/2015

Crónica da charla-obradoiro de alimentación saudable

bolseirxs OMA-UDC
O pasado día 16 de marzo tivo lugar a charla-obradoiro sobre alimentación saudable na Facultade de Ciencias da Saúde organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA), greesn campus FCS e a Asociación Ecoloxista ADEGA.

Un dos obxectivos da OMA é ambientalizar a universidade e con esta actividade pretendemos traballar a alimentación saudable e ecolóxica nos campus, por esta razón intentase que a comunidade universitaria sexa consciente dos produtos que merca e come na propia universidade e na súa casa.

Nesta primeira xornada de alimentación saudable tivemos o pracer de contar con dúas persoas moi activas nestas cuestións, presentamos unha experiencia dun comedor infantil con Beatriz Ferreira e posteriormente fixemos un obradoiro onde aprendemos a interpretar as etiquetas dos alimentos con Silvia Méndez.

Ás 17:30 comezo a charla informativa a mans de Beatriz Ferreira (directora da Escola Infantil Municipal A Caracola) que nos explicou o proceso de cambio dun menú tradicional por un menú ecolóxico e de comercio de proximidade, sendo os nenos e nenas quen deciden canto e que queren comer, experimentando novas sensacións cas texturas e formas dos alimentos no seu día a día no comedor. Con ela aprendemos que este cambio é posible.



Aproximadamente unha hora máis tarde Silvia Méndez (Bióloga, profesora, redactora, alquimista na cociña, especialista en nutrición e metabolismo e fundadora de V de Vegetal) explicounos conceptos que descoñeciamos e aprendemos a interpretar o etiquetado dos produtos que levamos cada un, tamén a reflexionar acerca dos alimentos e comercios que nos rodean, sendo nós os que decidimos que e onde queremos mercar e comer os produtos.


Moitas grazas a todos e todas pola vosa asistencia e esperamos

que con esta charla-obradoiro se fomente uns hábitos e conciencia sobre alimentación saudable nos campus e na nosa vida.







29/06/2012

Visita a mostra "A Pegada Ecolóxica" este verán no LERD

bolseirxs OMA-UDC
Xa podedes visitar a mostra itinerante "A Pegada Ecolóxica" (composta pola SGEA a partir do informe da “Pegada e débeda ecolóxica. Situación en Galiza” (2007), elaborado pola FEG e financiada pola UDC e a Xunta de Galicia) no LERD do Campus de Elviña da UDC, onde permanecerá ata setembro.

Nela podedes atopar información, entre outras cousas, sobre:

 A Crise Ambiental

Que é a Pegada Ecolóxica

A Débeda Ecolóxica

A Pegada Ecolóxica no Mundo

A Pegada Ecolóxica en Galiza

A Débeda Ecolóxica en Galiza

A Pegada Ecolóxica na UDC

A Pegada da Mobilidade na UDC

Solucións en Galiza

31/05/2012

I ENCONTRO SOLAR UDC (ADEGA)

bolseirxs OMA-UDC
IMPORTANTE: O I Encontro Solar na UDC queda ANULADO ata próximo aviso. Desculpade as molestias.

****************************************************************************************

O I Encontro Solar na UDC, terá lugar (sempre se o tempo o permite) o día 5 de Xuño, a partires das 11.00 horas, na Praza da Fraga (Arquitectura-Ciencias, Campus da Zapateira). Esta actividade pechará a Primavera Ambiental na UDC. Se houbese calquera cambio, avisaríase con anterioridade.

10/04/2012

A Pegada Ecolóxica visita a Facultade de Económicas

bolseirxs OMA-UDC
Xa podedes visitar a mostra itinerante "A Pegada Ecolóxica"(composta pola SGEA a partir do informe da “Pegada e débeda ecolóxica. Situación en Galiza” (2007), elaborado pola FEG e financiada pola UDC e a Xunta de Galicia) na Facultade de Económicas da UDC (Campus de Elviña) ata finais do mes de Abril.

Nela podedes atopar información, entre outras cousas, sobre:

 A Crise Ambiental

Que é a Pegada Ecolóxica

A Débeda Ecolóxica

A Pegada Ecolóxica no Mundo

A Pegada Ecolóxica en Galiza

A Débeda Ecolóxica en Galiza

A Pegada Ecolóxica na UDC

A Pegada da Mobilidade na UDC

Solucións en Galiza


Agardámosvos :)

23/02/2012

"A Pegada Ecolóxica" chega á Fac. de Informática da UDC

bolseirxs OMA-UDC
Xa podedes visitar a mostra itinerante "A Pegada Ecolóxica"(composta pola SGEA a partir do informe da “Pegada e débeda ecolóxica. Situación en Galiza” (2007), elaborado pola FEG e financiada pola UDC e a Xunta de Galicia) na Facultade de Informática da UDC (Campus de Elviña) ata finais do mes de Marzo.

Nela podedes atopar información, entre outras cousas, sobre:

 A Crise Ambiental

Que é a Pegada Ecolóxica

A Débeda Ecolóxica

A Pegada Ecolóxica no Mundo

A Pegada Ecolóxica en Galiza

A Débeda Ecolóxica en Galiza

A Pegada Ecolóxica na UDC

A Pegada da Mobilidade na UDC

Solucións en Galiza

Velaquí algunhas imaxes da mostra:




Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib