Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións

24/05/2012

CICLO DE CURTAMETRAXES DE TEMÁTICA AMBIENTAL

bolseirxs OMA-UDC
O vindeiro día 29 de Maio, ás 17:00 h., no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da UDC (Campus de Elviña), terá lugar a actividade "Ciclo de curtametraxes da temática ambiental", que pechará as xornadas do programa PRIMAVERA AMBIENTAL (se ben vos recordamos que queda pendente a celebración do Encontro Solar, que fora adiado e que terá lugar, previsiblemente o día 5 de Xuño).

Velaquí tendes a información das curtametraxes que poderedes ver:

The End (A fin)        
Eduardo Chapero-Jackson / España / 2008 / Ficción / 26’. 
Sinopse: Unha familia americana de clase media debe loitar para sobrevivir nunha nación destruída pola falta de auga.      
Premio ao Mellor Director no Festival de Málaga 2009.

La Canilla Perfecta (A canela perfecta)
Walter Tournier / Uruguay / 2008 / Animación / 7’
Sinopse: Humberto está obsesionado por inventar aparatos que aforren auga. Os resultados que obtén sempre son pouco prácticos e moitas veces perigosos. Tomás é un neno de 10 anos que vive no mesmo barrio e se sinte atraído polas sorprendentes actividades do inventor.

Paradise Later (O Paraíso máis tarde)
Ascan Breuer / Austria / 2010 / Ficción / 13’20’’
Sinopse: Dentro da mente dun comerciante viaxamos por un río que serpea a través dunha paisaxe apocalíptica. Unha corrente de pensamentos somérxenos nun remuíño de acusación, condena e autoinculpación e condúcenos de xeito frenético cara a un final fatídico.

Putti (Nena)
Jacob Varghese / India / 2008 / Ficción / 14’22’’
Sinopse: Unha historia de vidas construída arredor da necesidade máis primitiva do home desde o comezo da súa existencia. Que sucede cando a natureza deixa de ser o sustento?

Rain is Falling (Chove)
Holger Ernst / Alemaña / 2004 / Ficción / 15’
Sinopse: Unha rapaza ao coidado da casa e da súa nai enferma traballa duro para traer auga a casa. A auga, un elixir básico para a vida, é difícil de conseguir e pode converterse nunha ameaza. Pero a rapaza atopa unha solución sinxela.
Nominado ao Best European Short Film 2005

11/04/2011

I Ciclo de Cine Verde da UDC

bolseirxs OMA-UDC
A Oficina de Medio Ambiente da UDC (Vicerreitoría de Infraestructuras e Xestión Ambiental), organiza este ano por primeira vez un Ciclo de Cine Verde. Trátase de xornadas temáticas que parten dunha introducción ao tema, proxección da longometraxe e coloquio posterior.




Programación:

XOVES 14 DE ABRIL
ÁS 18.30H NO SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS
CAMBIO CLIMÁTICO_ INTRODUCCIÓN A CARGO DO PROFESOR MARTÍN PALMERO
HISTORIA DEL AGUA EMBOTELLADA / LA HORA ONCE

XOVES 28 DE ABRIL
ÁS 18.30H NO SALÓN DE GRAOS DA FACULTADE DE ECONÓMICAS
CRISIS NUCLEAR_ INTRODUCCIÓN A CARGO DO PROFESOR CABEZA GRAS
EL SÍNDROME DE CHINA

XOVES 5 DE MAIO
ÁS 18.30H NO SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE INFORMÁTICA
MOVEMENTO ALTERMUNDISTA_ INTRODUCCIÓN A CARGO DA PROFESORA LAMELA VIEIRA
BATALLA EN SEATTLE

Está solicitado un crédito de libre configuración. Os interesados en recibilo deberán inscribirse antes das 18h do 14 de Abril enviando un email a oma2@udc.es indicando no asunto Ciclo de Cine Verde e engadindo todo-los seus datos: Nome e Apelidos, DNI, enderezo, así coma un teléfono de contacto.
Así mesmo informaráse da necesidade de completar o ciclo con algunha das actividades formativas que organizará a OMA no mes de maio para acadar as horas necesarias para a obtención do crédito.

Para o público en xeral o acceso é libre ata completar aforo da sala.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib