Amosando publicacións coa etiqueta Calendario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Calendario. Amosar todas as publicacións

28/04/2011

II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable

bolseirxs OMA-UDC
Dende Zocamiñoca invítanos a este evento ao que todos os interesados podedes acudir.



Lugar: Casa Casares Quiroga (r/. Panadeiras, 12)
Organiza: Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca
Colabora: ATTAC Coruña

Venres 6 de maio (19.30 horas)
Vídeo fórum sobre consumo
Presentaremos unha selección de documentais escollidos por membros de Zocamiñoca para que poidamos reflexionar, falar, preguntarnos, sacar ideas, o que sexa, sempre con espírito crítico, positivo e propositivo.

Sábado 7 de maio (19 horas)
Presentación de ATTAC Coruña.
Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca: a visión dunha socia, a visión dunha produtora.
Coloquio entre todas as presentes a partir da exposición destas dúas visións, e así poder compartir con todas as asistentes experiencias persoais de cambio.

O consumo atravesa as nosas vidas, moitas veces sen percatarnos das implicacións que actos repetidos teñen sobre moi diferentes aspectos. As crises enerxética, económica, climática e alimentaria están mostrando que bastantes cousas fallan no actual sistema capitalista e que é necesario pensar e actuar de outra maneira no planeta e entre nós mesmas.
O consumo responsable, crítico, consciente e transformador é unha forma diferente de entender o consumo na que as consumidoras, en relación directa coas produtoras, asumen un papel máis activo e reflexivo no momento de satisfacer as súas necesidades, de maneira que se pon en cuestión o actual modelo de produción, transformación, promoción, distribución e consumo de bens e servizos, para comezar unha transición necesaria e ineludible cara a un consumo máis respetuoso coas persoas e o planeta. Para acadar estes obxectivos é preciso realizar un labor de información, concienciación, organización e acción que articule unha contestación viable e satisfactoria ao actual modelo socioeconómico baseado, entre outros aspectos, nunhas crecentes desigualdades sociais, no expolio dos países do Sur global e nos mecanismos de funcionamento desa forma perversa de capitalismo que é o neoliberalismo. Deste modo, é necesario propoñer unha forma de consumir bens e servizos baixo criterios éticos, solidarios e sustentables, pensando no procomún, a través dun proceso que teña en conta que os recursos son limitados e que existen intereses de concentración de poder perxudiciais para acadar unha sociedade xusta e igualitaria.
As II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable pretenden ser un espazo de encontro autónomo e libre, onde poder encontrarnos para falar, reflexionar e coñecer experiencias de consumo alonxadas do modelo consumista convencional. Intentaremos ofrecer unha panorámica global do funcionamento do actual modelo de produción, distribución e consumo desde unha perspectiva crítica, ademais de achegarnos a unha experiencia concreta de consumo responsable na Coruña, a cooperativa Zocamiñoca, cuxos principios son o consumo local, ecolóxico, de tempada, a soberanía alimentaria, o comercio xusto, etc., cunha organización participativa, amena, fluída e reivindicativa. Tamén contaremos coa presentación do grupo de ATTAC na Coruña, recentemente constituído.

Agardamos por vós nas xornadas!!

17/04/2011

Primavera Ambiental na UDC

bolseirxs OMA-UDC
DO 14 DE ABRIL AO 12 DE MAIO 2011
(solicitado un crédito de configuración: As persoa interesadas deberán inscribirse enviando un correo a oma2@udc.es, onde terán información adicional)



Programa de cada xornada:   introducción ao tema, proxección, coloquio. (3h) Total: 9 horas

XOVES 14 DE ABRIL ás 18.30 h no salón de actos da Facultade de Ciencias.
CAMBIO CLIMÁTICO. Proxección de HISTORIA DEL AGUA EMBOTELLADA / LA HORA ONCE  
Coloquio con  Federico Martín Palmero, profesor de Fundamentos da Análise Económica, Facultade de Socioloxía (UDC)

XOVES 28 DE ABRIL ás 18.30 h no salón de graos da Facultade de Económicas
CRISE NUCLEAR. Proxección de EL SÍNDROME DE CHINA
Coloquio con Oscar Cabeza Gras, profesor de Física, Facultade de Ciencias (UDC)

XOVES 5 DE MAIO ás 18.30 h no salón de actos da Facultade de Informática
MOVEMENTO ALTERMUNDISTA. Proxección de BATALLA EN SEATTLE
Coloquio con María del Carmen Lamela Vieira, profesora da Facultade de Socioloxía (UDC)


XOVES 28 ABRIL de 11 a 19 h na carpa diante da Facultade de Socioloxía (participación de 2-4 h en actividades específicas, para Crédito de Libre Configuración).                            
Feira da sustentabilidade: exposicións, mesas informativas, obradoiros, comercio xusto, música…
por Feitoría Verde.


AUGA E RÍOS NA UDC

MÉRCORES 27 DE ABRIL ás 13 h no salón de actos da Facultade de Ciencias (1,5 h)
Proxecto SOSTAUGA. Presentación do proxecto para a xestión sostible da auga na UDC
Participan Juan Cagiao, profesor da ETS Camiños, e Manuel Soto, director da Oficina de Medio Ambiente da UDC

LUNS 2 DE MAIO ás 13 h no aula 13 da Facultade de Ciencias (1,5 h).                                   CUSTODIA FLUVIAL Charla explicativa sobre custodia fluvial, por ADEGA-Proxecto Ríos

MÉRCORES 4 DE MAIO ás 12 h no río lo Lagar, Elviña (1,5h)
INSPECCIÓN DE RÍOS.  Saída formativa “Inspección de ríos”, por ADEGA-Proxecto Ríos

COMPOSTAXE NA UDC (2,5 h)

XOVES 12 DE MAIO

VISITA PRÁCTICA ás 12 h, Praza da Fraga (Zapateira). Visita aos composteiros da UDC nos centros da Zapateira
Manuel Soto, Profesor de Enxeñaría Química, Facultade de Ciencias (UDC)
Marcos Vázquez Trillo, Grupo de Investigación Enxeñaría Química e Ambiental
Ramón Plana, Consultor ambiental,  PlanaCompost

CONFERENCIA ás 13 h, Salón de actos da Facultade de Ciencias. Compostaxe e sustentabilidade: procesos de compostaxe, calidade e uso agrícola.
Montserrat Soliva, Catedrática, Departamento de Ingeniería Agroalimentaria y Biotecnología, Universidad Politécnica de Cataluña


16/04/2011

II Feira da Sustentabilidade da UDC

bolseirxs OMA-UDC
O próximo xoves día 28 de abril de 11 a 19h diante da Facultade de Socioloxía (Campus de Elviña)


Aquí vos deixo o programa de actividades actualizado:

ACTIVIDADES POLA MAÑÁ

11:30 Obradoiro de xabrón.
12:30 Contacontos. Diego Freire.
13:30 Sorteo Mercado do troco
  • Miradoiro da insustentabilidade.
  • Miradoiro da sustentabilidade.
ACTIVIDADES POLA TARDE

16:00 Obradoiro de coiro.
17:00-18:00 Música: Jorge Mirancos.
18:30 Mercado do troco.
18:00-19:00 Música: Cesar De Centi
  • Xogos tradicionais
  • Miradoiro da insustentabilidade.
  • Miradoiro da sustentabilidade.

DE CONTÍNUO

EXPOSICIÓNS
  • Exposición da Pegada Ecolóxica.
  • Exposición “Consume hasta morir”.
MESAS INFORMATIVAS
  • OMA da UdC.
  • Zocamiñoca.
  • Masa Crítica.
  • Rede de Troco.
  • Arquitectos sen Fronteiras.
  • Solidariedade Internacional.
  • Mesa de Xapón. 
  • Enxeñeiros sen Fronteiras.
PRODUTORAS/ES ECOLÓXICOS
  • Milhulloa: Posto de infusións galegas ecolóxicas.
  • Val de Barcia: Posto de doces, verduras e comida ecolóxica.
A MAIORES…
  • Taller de autoreparación de bicicletas.
  • O “i-man”. 
  • FotoCall.

E mesa do troco. Esta actividade precisa dalgunha aclaración previa para os non iniciados: ao longo do día a mesa recollerá os obxectos que a xente queira trocar. Por cada obxecto entregado recibiredes un recibo ou dous segundo o seu "valor de cambio" e un número. E en cada unha das dúas sesións (13.30 ou 18.30 h) iránse quitando números ó azar que indicarán a orde en que os participantes elixen os obxectos que queren levar. Animádevos a participar!

11/04/2011

I Ciclo de Cine Verde da UDC

bolseirxs OMA-UDC
A Oficina de Medio Ambiente da UDC (Vicerreitoría de Infraestructuras e Xestión Ambiental), organiza este ano por primeira vez un Ciclo de Cine Verde. Trátase de xornadas temáticas que parten dunha introducción ao tema, proxección da longometraxe e coloquio posterior.




Programación:

XOVES 14 DE ABRIL
ÁS 18.30H NO SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS
CAMBIO CLIMÁTICO_ INTRODUCCIÓN A CARGO DO PROFESOR MARTÍN PALMERO
HISTORIA DEL AGUA EMBOTELLADA / LA HORA ONCE

XOVES 28 DE ABRIL
ÁS 18.30H NO SALÓN DE GRAOS DA FACULTADE DE ECONÓMICAS
CRISIS NUCLEAR_ INTRODUCCIÓN A CARGO DO PROFESOR CABEZA GRAS
EL SÍNDROME DE CHINA

XOVES 5 DE MAIO
ÁS 18.30H NO SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE INFORMÁTICA
MOVEMENTO ALTERMUNDISTA_ INTRODUCCIÓN A CARGO DA PROFESORA LAMELA VIEIRA
BATALLA EN SEATTLE

Está solicitado un crédito de libre configuración. Os interesados en recibilo deberán inscribirse antes das 18h do 14 de Abril enviando un email a oma2@udc.es indicando no asunto Ciclo de Cine Verde e engadindo todo-los seus datos: Nome e Apelidos, DNI, enderezo, así coma un teléfono de contacto.
Así mesmo informaráse da necesidade de completar o ciclo con algunha das actividades formativas que organizará a OMA no mes de maio para acadar as horas necesarias para a obtención do crédito.

Para o público en xeral o acceso é libre ata completar aforo da sala.

30/03/2011

Encontro Internacional: Conservando a Riqueza da Vida na Terra

bolseirxs OMA-UDC

  • Datas: 13 ao 15 de abril de 2011
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e Aquarium Finisterrae (A Coruña)
  • Colabora: Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela. Patrocina: Nova Caixa Galicia, Programa Bo para o mar, bo para ti
  • Organiza: CEIDA, Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña

Obxectivos: Preténdese dar a coñecer os desafíos aos que se enfronta a conservación da riqueza da vida na Terra, tanto desde unha perspectiva global como facendo referencia a diferentes lugares emblemáticos do planeta. Así mesmo, preténdese divulgar actuacións e traballos de investigación que se están a desenvolver desde distintas institucións a prol da biodiversidade, así como amosar distintas ferramentas e instrumentos que nos capacitan para a conservación dos valores naturais e das áreas protexidas.

Destinatarios: Xestores de espazos naturais, estudantes universitarios, educadores ambientais, guías de espazos naturais protexidos, grupos ecoloxistas, técnicos medioambientais, axentes de desenvolvemento local, público en xeral.

Matrícula: 20 €

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

24/03/2011

Biciblog UDC: Curso de Mecánica de Bicis

bolseirxs OMA-UDC
Biciblog UDC: Curso de Mecánica de Bicis: "La Oficina de Medio Ambiente, de la Vicerrectoría de Infraestructuras y Gestión Ambiental de la UDC, organiza para este miércoles 30 de marzo un curso de mecánica de bicis junto con la asociación Mobi-liza"

20/03/2011

Calendario Verde

bolseirxs OMA-UDC
Publicamos o noso calendario de actividades e accións pro-sostenibilidade. Para mantervos ó día de todo o que podedes facer en A Coruña e Ferrol cunha perspectiva verde.


Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib