Amosando publicacións coa etiqueta voluntariado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta voluntariado. Amosar todas as publicacións

28/10/2014

Segunda xornada do "CURSO DE VOLUNTARIADO, EDUCACIÓN AMBIENTAL E INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO NA UDC"

bolseirxs OMA-UDC
O pasado Luns 27 tivo lugar a segunda xornada do "Curso de Voluntariado, Educación Ambiental e Interpretación do Patrimonio na UDC" no cal se explicou "Como pode comunicarse unha guía con éxito" coa colaboración de Araceli Serantes (profesora da Educación Ambiental na UDC).


Na primeira parte da xornada abordáronse as tácticas para que unha visita guiada sexa o máis amena posible e se consiga transmitir correctamente a información os visitantes. A medida que Araceli explicaba cada unha das tácticas apoiábase en pequenos exemplos prácticos nos que os asistentes puideron colaborar.




Na segunda parte aplicáronse os coñecementos adquiridos na primeira parte da xornada nun pequeno percorrido nas inmediacións da Facultade de Ciencias. Novamente os asistentes tiveron a oportunidade participar de forma activa e observar a utilidade das tácticas explicadas para realizar a visita guiada.


Moitas grazas pola vosa asistencia. Confiamos en que fose de utilidade para os asistentes e que participedes nas vindeiras actividades organizadas pola Oficina de Medio Ambiente.




22/10/2014

Primeira xornada do "CURSO DE VOLUNTARIADO, EDUCACIÓN AMBIENTAL E INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO NA UDC"

bolseirxs OMA-UDC

O pasado Luns 20 tivo lugar a primeira xornada do "Curso de Voluntariado, Educación Ambiental e Interpretación do Patrimonio na UDC" no cal se presentaron os actuais proxectos da Oficina de Medio Ambiente (OMA) como son: as áreas de compostaxe, a restauración do Monte da Fraga, a charca e as hortas urbanas. Tamén falamos da pegada ecolóxica, do programa de bicis da UDC e da importancia da utilización de papel reciclado. Explicamos cal é a labor do voluntariado ambiental e o seu importante papel na prevención de problemas ambientais.





Por último fixemos unha visita guiada polo Monte da Fraga, a charca e as áreas de compostaxe.
No curso contamos coa colaboración de Manuel Soto (director da OMA), María R.Lafuente (asociación ADEGA) e por último, Elvira Sahuquillo (experta en biodiversidade).





Moitas grazas a todos pola vosa asistencia e animámosvos a participar nas vindeiras actividades. 
A segunda xornada desde curso será o próximo luns 27 de outubro, baixo o título "Como pode comunicarse unha guía con éxito". Nesta xornada introducirédesvos na interpretación do patrimonio e nas técnicas para deseñar unha visita guiada. Constará de unha parte práctica no que visitaremos o campus. 
Esta xornada será impartida por Araceli Serantes (Boli) profesora de Educación Ambiental na UDC e socia da AIP (Asoc. Para la interpretación del Patrimonio).

Para apuntarvos tedes que enviar un correo a oma3@udc.es

10/10/2014

Voluntariado, educación ambiental e interpretación do patrimonio na UDC

bolseirxs OMA-UDC
Como inicio do curso 2014-2015 a oficina de medio ambiente (OMA) organiza unhas xornadas co obxectivo de formar ao persoal bolseiro e voluntariado e dar a coñecer as actividades desenvolvidas pola OMA. O curso estará aberto a toda a xente interesada.


A primeira xornada terá lugar o luns 20 de outubro, e nela presentaranse algúns dos actuais proxectos da Oficina, como son as áreas de compostaxe, a restauración do Monte da Fraga, a charca ou as hortas urbanas. A explicación correrá a cargo de Manuel Soto, director da OMA, e contará coa participación de Elvira Sahuqillo, experta en biodiversidade. Así mesmo, María R. Lafuente educadora ambiental da Asociación ecoloxista ADEGA explicará conceptos básicos e obxectivos do voluntariado e educación ambiental.

A segunda xornada será o luns 27 de outubro, baixo o título “Como pode comunicarse unha guía con éxito”, e introduciranos na interpretación do patrimonio e nas técnicas para deseñar unha visita guiada, cunha parte práctica consistente nunha visita guiada ao campus. Esta xornada será impartida por Araceli Serantes (Boli) profesora de Educación Ambiental na UDC e socia da AIP (Asoc. Para la interpretación del Patrimonio)


A duración do curso será de seis horas; 3h voluntariado e educación ambiental, 3h interpretación do patrimonio, incluídas as visitas prácticas. O curso está limitado a 25 prazas por orde de inscrición no correo oma3@udc.es
Terán preferencia as persoas que poidan asistir ás dúas xornadas e o persoal bolseiro da OMA e Greencampus.

Se dará un certificado de asistencia as xornadas a todas as persoas que o pidan previo aviso e asistan os dous días de curso.

Luns 20: Voluntariado e educación ambiental
Luns 27: Como pode comunicarse unha guía con éxito
Hora: 16:00h
Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias
Inscricións: oma3@udc.es
Máis info: blog e facebook, twitter




01/03/2012

Resultados INSPECCIÓN DO RÍO LAGAR

bolseirxs OMA-UDC
O xoves 16 de febreiro levouse a cabo a inspección do río Lagar que pasa pola UDC. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Ríos para levar a cabo unha avaliación voluntaria a nivel nacional e constante do estado dos ríos, neste caso , o río Lagar.
A actividade foi organizada pola Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA) xunto con ADEGA. Paco Bañobre encargouse de levar a inspección no río. 
Nela puídose traballar cos aspectos biolóxicos ,fisico-químicos e morfolóxicos do río como indicadores da calidade do mesmo.


Detalle da Inspección do Río Lagar

Os asistentes, estudantes da Universidade da Coruña, mostraron grande insterese na participación no proxecto pola súa conta establecendo emails de contacto para poder levar a cabo as súas inspeccións independentes do establecido e divulgado na UDC. 
Destaca a grande aprendizaxe por parte dos asistentes a través desta inspección e da charla previa ,  dando así como resultado o obxectivo esperado  nestas xornadas, educación e divulgación medio ambiental, e  inspección do río Lagar.

24/01/2012

XORNADAS DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA UDC

bolseirxs OMA-UDC
A problemática da flora alóctona invasora é unha das principais causas de desaparición de
biodiversidade no mundo. Aínda que a maior parte de estas especies exóticas invasoras semellan
inofensivas, os efectos que teñen sobre a flora autóctona e sobre os nosos ecosistemas son moi
preocupantes. Ademais, estas invasións biolóxicas prodúcense sempre pola acción do home, xa sexa
dunha forma directa ou indirecta. Por isto, dende a oficina de medioambiente da UDC (OMA)
traballando en colaboración con Proxecto Ríos preocupámonos pola conservación da biodiversidade da
nosa flora, e intentando facer unha labor de concienciación da sociedade universitaria estamos a
organizar unha Xornada de Voluntariado Ambiental, centrada desta volta na problemática das especies
exóticas invasoras.

A primeira cita será o martes 31 de xaneiro ás 11:00h. No salón de actos da facultade de ciencias da
UDC terá lugar unha mesa redonda sobre a flora exótica invasora. Os poñentes serán o Dr. Jaime
Fagúndez Díaz, do departamento de botánica da UDC (redactor do libro: Plantas invasoras de Galicia.
Bioloxía, distibución e métodos de control) e D. Francisco Bañobre González, vogal de voluntariado
ambiental en ADEGA e coordinador de varios proxectos de eliminación de especies invasoras. A mesa
será moderada por Lucía Parente Romero, coordinadora
do proxecto da UDC-ADEGA.


Despois desta mesa redonda teremos outra cita, o día
seguinte (mércores 1 de febreiro) no campus da UDC.
Combinamos ás 10:30 no edificio de servizos centrais de
investigación para comezar unha Xornada de eliminación
das exóticas invasoras no campus, nos dividiremos en
grupos e comezaremos o traballo de campo para
eliminación destas plantas. Para esta última actividade é
precisoinscrición.(tlf:670592305;email:

Agardámosvos!

28/11/2011

Voluntariado ambiental na UDC: Proxecto Ríos

bolseirxs OMA-UDC
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, dúas xornadas de Voluntariado Ambiental na UDC.

O mércores 30 de novembro ás 12:00, no salón de actos da Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira), terá lugar unha charla informativa do Proxecto Ríos.

O xoves 1 de decembro, dende ás 11:00 e ata as 14:00 desenvolverase a actividade "Limpeza do río Lagar", sendo o punto de encontro o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña).

Salientar que podedes incorporarvos ás actividades no momento que querades.

Se precisades máis información ou queredes contactar con nós ou cos nosos colaboradores podedes facelo nas seguintes direccións de email e teléfonos:
oma2@udc.es / 981 16 70 00 ext. 5693
lucia@adega.info / 981 57 00 99

Agardámosvos!

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib