Amosando publicacións coa etiqueta Monte da Fraga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Monte da Fraga. Amosar todas as publicacións

04/05/2015

Crónica da “Plantación de aromáticas 2015"

bolseirxs OMA-UDC
O pasado 29 de Abril, un grupo de voluntariado ambiental realizaron un achegamento ó mundo das plantas aromáticas na Facultade de Ciencias.




A Xornada de identificación e cultivo de plantas aromáticas comezou cunha charla a cargo de Javier Cremades, profesor na UDC e doutor en Botánica. Esta charla contou coa presenza dun público variado tanto de voluntariado coma de outros Mestres da facultade.





Tra-lo remate da charla o grupo dirixiuse ó Monte da Fraga, no que dende hai anos se realiza unha restauración participativa. Alí distribuíuse o material de traballo por parte da Oficina de Medio Ambiente da UDC e da asociación ecoloxista ADEGA e explicouse sobre o terreo as propiedades das plantas elixidas e como debían ser cultivadas e coidadas.

Tras unas horas de traballo todas as plantas aromáticas foron plantadas na ladeira do monte, xunto con outros proxectos da Oficina coma a plantación de acivros e de cerdeiras. Agora están visibles para toda a comunidade universitaria.









Dende a oficina de Medio Ambiente agradécese o bo traballo dos case vinte voluntarios que quixeron botar unha man nestas actividades. Grazas a todos e todas.

Todas as fotografías aquí

23/03/2015

Crónica da Xornada de eliminación de especies exóticas invasoras

bolseirxs OMA-UDC
O pasado mércores 18 de marzo tivo lugar a actividade de Eliminación de Especies Exóticas Invasoras que forma parte do proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga da Oficina de Medio Ambiente da UDC coa colaboración da Asociación Ecoloxista ADEGA.

Nesta actividade primeiramente fíxose unha charla a cargo de Paco Bañobre membro de ADEGA, explicando a problemática das invasoras e despois tivo lugar unha parte práctica no Monte da Fraga no que se eliminaron rebrotes de eucaliptos, calas (Zantedeschia aethiopica), a herba da pampa ( Cortaderia selloane) e Buddleja (Buddleja davidii). Os nosos voluntarios e voluntarias fixeron unha gran labor porque conseguimos quitar un número bastante significativo de especies exóticas sobre todo tendo en conta que algunhas delas tiñas unha raíz moi profunda coma no caso da herba da pampa e a buddleja.



Esta zona estaba antigamente ocupada por eucaliptos que debido ós problemas que causaban nas instalacións próximas e na natureza foron cortados en cursos anteriores. Na Oficina de Medio Ambiente estamos recuperando esta zona e plantando especies autóctonas como por exemplo os exemplares de acivro ( Ilex aquifolium) e en cursos anteriores que foron plantados o loureiro común (Laurus nobilis) e loureiro real (Prunus laurocerasus), carballos (Quercus robur ),castiñeiros (Castanea sativa) e tamén cerdeiras ( Prunus sp) e érbedos (Arbutus unedo) que contribúen favorablemente debido a que os paxaros se alimentan dos seus froitos.






Agradecemos a todas aquelas persoas voluntarias que participaron e animámosvos a todos a seguir colaborando nas vindeiras actividades.

Todas as fotos copiando e pegando este enlace:
https://plus.google.com/u/0/photos/101727169314543003023/albums/6129383395752605553

03/03/2015

Xornada de eliminación de flora exótica invasora na UDC

bolseirxs OMA-UDC
O próximo día 18 de marzo a Oficina de Medio Ambiente da UDC xunto coa asociación ecoloxista ADEGA organizamos unha xornada de voluntariado ambiental de eliminación de flora exótica invasora no Monte da Fraga.

O obxectivo desta actividade é o coñecemento das especies exóticas invasoras (EEI). Este tipo de flora fai que se perda unha gran parte da biodiversidade da nosa contorna. 


Esta xornada de traballo comezará cunha charla introdutoria sobre a problemática no salón de actos da facultade de ciencias ás 15:30h, ao remate sairemos ao Monte da Fraga para comezar co traballo que rematará sobre as 18:30 aproximadamente. 

Animádevos a participar, precisamos a vosa colaboración! É importante que vos inscribades no correo oma3@udc.es escribindo o voso nome completo e DNI para que poidamos preparar a ferramenta.

No caso de non poder asistir á xornada completa, e queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo enviando un correo indicando a vosa dispoñibilidade.

A xornada adiarase no caso de que as condicións climáticas non acompañen.

Para máis información en sucesivas ocasións, tede en conta as nosas redes sociais:

- Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC, bolseiros OMA
- Twitter: @OMA_UDC
- Correo: oma2@udc.es

28/01/2015

Plantación de Acevros no proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga

bolseirxs OMA-UDC
O pasado xoves 18 de decembro tivo lugar a actividade de Plantación de Acevros que forma parte do proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga da Oficina de Medio Ambiente da UDC coa colaboración da Asociación Ecoloxista ADEGA.

Nesta actividade plantáronse na zona da charca (detrás da Facultade de Ciencias) arredor de 75 acebos que foron doados por un particular. Foron colocados na zona próxima á estrada co fin de crear unha barreira natural que illara este espazo dos ruídos dos coches.
Debido ao temporal moitos destes acivros están tumbados coas raíces ao ar, polo que precisamos axuda para replantalos. 







Esta zona estaba antigamente ocupada por eucaliptos que debido ós problemas que causaban nas instalacións cercanas e na natureza foron cortados en cursos anteriores. Na Oficina de Medio Ambiente estamos recuperando esta zona e plantando especies autóctonas como por exemplo os exemplares de acebo ( Ilex aquifolium) e en cursos anteriores que foron plantados o loureiro común (Laurus nobilis) e loureiro real (Prunus laurocerasus), carballos (Quercus robur ),castiñeiros (Castanea sativa) e tamén cerdeiras ( Prunus sp) e érbedos (Arbutus unedo) que contribúen favorablemente debido a que os paxaros se alimentan dos seus froitos.

Agradecemos a todas aquelas persoas voluntarias que participaron e animávosvos a todos a seguir colaborando nas vindeiras actividades.




Estes días subiremos ao monte se queres colaborar con nos envianos un correo a oma3@udc.es



29/05/2014

Restauración participativa no monte da Fraga

bolseirxs OMA-UDC

Continuamos coa restauración participativa do Monte da Fraga, nesta ocasión tivemos a visita dos participantes no programa actúa, este proxecto consistiu en presentar a mozos e mozas da Coruña diferentes asociacións onde participar en proxectos, unha destas asociacións foi ADEGA onde se presentou o proxecto de educación ambiental e voluntariado.

Na parte práctica, visitamos o proxecto de compostaxe comunitaria da facultade de filoloxía e o proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga. Nesta actividade, revisamos as árbores plantadas no pasado mes de marzo dentro do marco de una reforestación participativa. Puidemos facer un seguimento do estado dos carballos e das cerdeiras, tamén das plantas acuáticas da charca (todas variedades autóctonas) que foi construída e acondicionada polo voluntariado da OMA.

Non tiveron tanta sorte os loureiros plantados na parte superior da ladeira, lugar onde, polas características do terreo, hai escaseza de auga no chan. Sí foron capaces de prender os acivros plantados no mesmo lugar.

Destinamos esta xornada a labores de mantemento do Monte da Fraga; eliminamos rebrotes de eucalipto e retiramos a herba que creceu por riba da altura dos carballos, marcándoos para continuar co seguimento.


Se pertences a algunha asociación ou de xeito individual queredes participar nesta restauración, ben en labores de mantemento ou achegando algunha planta podes poñerte en contacto con nós para programar as actividades.









Unha vez máis moitas grazas a tod@s @s voluntari@s!



Podes atoparnos en:


Twitter: @OMA_UDC 

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib