26 Xaneiro – Día Mundial da Educación Ambiental
Esta
data ten orixe na Declaración da Conferencia das Nacións Unidas
sobre o Medio Ambiente celebrada en Estocolmo, Suecia, en 1972, na
que a ONU discutiu por primeira vez a necesidade de coidar o ambiente
e salientou a importancia da educación ambiental.
A
Educación Ambiental é a ferramenta básica da que dispoñen as
sociedades para avanzar na superación dos graves problemas
ambientais a nivel global e local. Busca unha maior conciencia
ambiental das persoas e tamén dos gobernos, e participación para
conservar e protexer o medio ambiente.
É
importante sermos conscientes dos danos ambientais que estamos a
propinarlle ao noso planeta: cambio climático, sobreexplotación dos
recursos naturais, extinción de especies... e outros fenómenos que
afectan tanto ambientalmente como socialmente: crises alimentarias,
guerras territoriais e aumento das desigualdades.
0 comentarios:
Publicar un comentario