04/04/2019

Obradoiro de reciclaxe: Elaboración de xabón con aceite usado

O aceite que nos sobra nos fogares e se tira polo vertedoiro pode rematar nos nosos ríos: unha vez alí forma unha película que non permite a osixenación e destrúe peixes es plantas acuáticas. Un litro de aceite pode contaminar ata 50.000 L de auga. Por iso, o aceite está clasificado como un residuo perigoso e contaminante. O correcto a facer con el é acumulalo e levalo ao punto limpo. Tamén hai establecementos que o recollen, e pobos que dispoñen de contedor de aceites, como ocorre na Coruña.
Na Coruña, o proxecto Mulleres Colleiteiras recolle o aceite en 65 contedores da cidade, dous deles na UDC: Facultade de Ciencias da Educación (C. Elviña) e EUAT (C. A Zapateira). No seu blogue pódese consultar os puntos de recollida, que ademais tamén se atopan en Arteixo, Cerceda e outros puntos de Oleiros, Ferrol, Cambre.

E tamén podes fabricar o teu propio xabón. O aceite usado pode ser de calquera tipo: oliva, xirasol... o único que se precisa é coalo para quitarlle as impurezas das frituras.


Por iso, o próximo xoves 11 de abril, de 12 a 14h faremos un obradoiro para aprender a elaborar o noso propio xabón con aceite usado.


Lugar: Laboratorio 3, Andar -1. Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT), Campus A Zapateira
Prazas limitadas, imprescindíbel inscrición na seguinte ligazón: 
Mais info: oma2@udc.gal
Material necesario: 200 mL de aceite usado/persoa.
Trae o teu aceite usado e despois do proceso poderás levar as pastillas de xabón elaboradas para a casa!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib