Celebramos o Día Internacional da Nai Terra para recordar que o planeta e os
seus ecosistemas dannos vida e sustento. Con este día tamén asumimos a
responsabilidade colectiva, como nos recordou a Declaración de Río de 1992,
para fomentar esta harmonía coa natureza e coa Nai Terra.
Este día tamén nos dá a
oportunidade de concienciar a todos os habitantes do planeta sobre os problemas
que afectan a Terra e as diferentes formas de vida que se desenvolven nela.
Con motivo do décimo aniversario
do Día da Nai da Terra, este ano marca o noveno Diálogo sobre a harmonía coa
natureza da Asemblea Xeral, o 22 de abril na sede da ONU en Nova York, na
Cámara do Consello de Administración fiduciaria, para garantir unha educación
inclusiva, equitativa e de calidade para tomar medidas urxentes para combater o
cambio climático e os seus impactos, e inspire aos cidadáns e ás sociedades a
reconsiderar como interactúan co mundo natural no contexto do desenvolvemento sostible,
a erradicación da pobreza e xustiza climática, para garantir que as persoas de
todo o mundo teñan a información e coñecementos necesarios para lograr un
desenvolvemento sostible e estilos de vida en harmonía coa natureza.
SITUACION CRITICA EN GALICIA
O mundo enfróntase a unha extinción masiva de especies. No noso país, só 3 das 200
especies ameazadas contan cun plano de conservación ou recuperación aprobado e
en funcionamento. De seguirmos a este ritmo, farían falla máis de 1700 anos
para que as especies máis sensíbeis e amezadas da natureza galega dispuxeran
das ferramentas que establece a lei para a súa recuperación e conservación.
O desleixo pola nosa biodiversidade da Xunta é pois evidente, agravada polo feito de que moias destas especies contan dende 2009 cos planos de recuperación/conservación licitados, elaborados e entregados, cun custo de milleiros de € de cartos públicos, e levan máis de 10 anos durmindo nunha gaveta sen que a Xunta tivera interese por levalos ao DOG.
O desleixo pola nosa biodiversidade da Xunta é pois evidente, agravada polo feito de que moias destas especies contan dende 2009 cos planos de recuperación/conservación licitados, elaborados e entregados, cun custo de milleiros de € de cartos públicos, e levan máis de 10 anos durmindo nunha gaveta sen que a Xunta tivera interese por levalos ao DOG.
0 comentarios:
Publicar un comentario