11/12/2018

CRÓNICA DA TERCEIRA XORNADA DE VOLUNTARIADO CON FLORA EXÓTICA INVASORA


O pasado mércores 15 de novembro, a Oficina de Medio ambiente (OMA) organizou xunto coa Asociación Ecoloxista ADEGA una nova xornada de voluntariado ambiental no Monte da Fraga (A Zapateira). Nesta ocasión, a xornada dedicouse exclusivamente á eliminación de Especies Exóticas Invasoras (EEI) nun treito do monte.

A xornada comezou as 15:30h diante da Facultade de Ciencias, onde as compañeiras de ADEGA fixeron unha introdución sobre a problemática das EEI e os traballos previos realizados neste eido no Monte da Fraga, traballos que se veñen desenvolvendo dende o ano 2010.

Esta é a segunda xornada de traballo de campo para á eliminación destas plantas que se fai no presente curso, despois do mapeado das principais EEI que aparecen no Monte da Fraga.
A actividade de campo con voluntariado realizouse con ferramentas manuais, como sachos, palas, tesoiras de poda, etc. Algunhas delas:



No treito no que se traballou identificáronse dúas especies, a Cortaderia selloana (Herba da pampa) e a Acacia melanoxylon (Acacia negra).



Foron extraídas unhas 8 plantas de Herba da Pampa e máis de 4 metros de Acacias nunhas dúas horas de traballo. Unha vez arrincadas de raíz, foron introducidas en bolsas e depositadas no contedor do lixo correspondente.

Algunhas fotos da xornada:









0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib